Encantounos esta obra de títeres dun conto tradicional e fixemos uns debuxos moi chulos:
E deixamos uns xogos para que vos divirtades!!!
Encantounos esta obra de títeres dun conto tradicional e fixemos uns debuxos moi chulos:
E deixamos uns xogos para que vos divirtades!!!
Deixamos no blog de Patas Peludas unha nova proposta, pinchade AQUÍ.
Estade atentos os vindeiros días que deixaremos máis cousiñas e non esquezades ollear a revista dixital que xa hai cousiñas novas do mes de abril!!!!
Como nos gustou tanto a actividade dos títeres da Eiruga glotona decidimos montar o noso propio recuncho dos títeres, que vós parece????
Seguimos co proxecto de Xermoliño: alimentámonos ou nutrímonos e que mellor que este conto para traballalo. Entre todos e todas fixemos uns títeres ben chulos e despois representámolo!!!
E agora vos deixamos uns xogos para poñer en práctica o aprendido:
Aproveitamos o conto da Eiruga Glotona para elaborar unhas fermosas bolboretas para decorar as nosas ventás e ver como se reflexan no chan cando a luz do sol as atravesa!!!
Librín volve a propoñernos un novo reto así que animádevos e levádeo a cabo cos vosos fillos e fillas!!!
Actividade en FAMILIA
A pasada semana tivemos a sorte de que a prensa nos viñera a facer unhas fotos e a entrevistar sobre o noso traballo sobre a alimentación saudable e a horta.
Entre todos e todas fixemos un xogo para a biblioteca onde somos nos os encargados/as de poñerlle a Draco ollos, naríz e boca en función da emoción que sinte.
E aquí vos deixamos un novo xogo para que emparelledes coa emoción correspondente:
Cunhas medias vellas, un pouquiño de terra e semente de céspede, estamos a crear os nosos propios bonecos crecepelo. Que credes que vai pasar? ademáis da terra, que van necesitar estes bonecos para que lles crezcan as greñas???
E lembrade consultar de vez en cando o blog de Voz Natura que estamos a colgar unha morea de cousas que estamos a facer.
Era ben esperada esta primeira saída ao entorno próximo e non defraudou. Seguindo co proxecto Xermoliño: alimentámonos ou nutrímonos? estamos a adentrarnos no mundo da producción vexetal dos alimentos e para iso, ao non dispoñer de terreo na escola, visitamos os hortos urbanos.
Para inagurar a nova estación entre todos e todas creamos un novo xogo para o noso recuncho da lóxica matemática con material de refugallo:
Chegou a primavera, esa estación chea de cor que a todos e todas nos gusta. Así que comezamos a decorar a aula e o primeiro foi a nosa árbore. Eleximos mandalas pola sua semellanza coas flores e conseguimos ademáis concentrarnos moito á hora de realizar esta tarefa. Iste foi o resultado:
Co seguinte conto xs máis pequechxs poderán traballar os oficios e os días da semana:
Tamén podedes escoitar a canción:
E aquí vos deixamos un xogo para ver o que aprendíchedes!!!
Na actividade T-lemos, alumnado doutros coles do concello están a lernos in streaming contos ben chulos. Desta vez foron os nenos e nenas do CEIP Plurilingüe de Covas co conto "Leopoldo, o pequeno monstro, onde se traballa o valor das diferenzas.
Para inagurar este novo mes Librín quixo deixarnos un agasallo no seu blog. Si queres velo pincha AQUÍ.
Antes das vacacións os peques e pecas tiveron que elexir cal foi o conto narrado que máis lles gustou e facer un debuxo. Aquí amoso as suas eleccións: