Páginas

miércoles, 29 de septiembre de 2021

PROXECTO "OS BECHIÑOS DA HORTA"

 A pasada semana aproveitando a saída aos hortos urbanos de Viveiro estivemos a observar aos seres pequechiños que habitan nel...eu atopei este, saberedes dicirme de que se trata??? Podedes deixar os vosos comentarios nesta mesma entrada. Agardo as vosas respostas.



KIDS OF THE WORLD (eTwinning project)

 Esta semana comezamos xa con este proxecto que levamos a cabo conxuntamente con outros 11 países máis de europa. Contan cunhas redes sociais propias polo cal todo o que vaiamos traballando sobre o mesmo o iremos publicando nas mesma e non aquí como estamos afeitos. Tamén poderedes ver os traballos dos outros centros.

FACEBOOK: https://www.facebook.com/groups/897863590831817/

INSTAGRAM: https://instagram.com/kidso_ftheworld?utm_medium=copy_link

BLOGSPOT:  https://projekidsoftheworld.blogspot.com/

jueves, 23 de septiembre de 2021

MESA DE LUZ

 Este curso contamos na aula cunha mesa de luz e... Que mellor recurso para fomentar a nosa creatividade ?? Hoxe, primeiro compuxemos e despois reproducimos.








VENENOSO

Traballamos as letras do nome da nosa nova mascota no recanto da lectoescritura.




miércoles, 22 de septiembre de 2021

NOVA VISITA AOS HORTOS URBANOS

 Como colofón ao proxecto levado a cabo o curso pasado sobre alimentación saludable e os productos da horta, fixemos unha nova visita aos hortos urbanos onde, ademáis de recoller os froitos do plantel plantado puidemos observar os diferentes bechiños que viven alí e que nos servirá como elemento motivador para estudiar aos mesmos neste inicio de trimestre, xa que son un elemento esencial no mantemento da biodiversidade. Por certo, pasámolo pipa!!
















martes, 21 de septiembre de 2021

PEIXES GLOBO PARA DECORAR A AULA

 Con pratos de cartón, un pouco de témpera líquida e todo o noso Bo facer, creamos estos PEIXES GLOBO que  nos encantan!!







lunes, 20 de septiembre de 2021

COÑECEMOS MÁIS A NOSA MASCOTA DE AULA

 Para que indaguedes máis sobre a nosa nova mascota deixo algúns recursos que poden ser do voso interese. Botádelle un OLLO!!!












PRIMEIROS DÍAS

 E xa van 7!!!!e na aula do peixe globo Velenoso estamos máis que adaptados ás rutinas e aos novos espacios e xogos:









viernes, 10 de septiembre de 2021

COMEZAMOS NOVO CURSO

 Boas familias e pequechiñ@s!!!! Comezamos un novo curso, o derradeiro nesta escola. Agardo veñades cargadiños de ganas e ilusión por estar c@s compañeir@s e aprender novas cousas e coma non xogar e disfrutar uns dos outros. Este ano temos un comezo un pouco especial xa que os primeiros días non poderei estar con vós pero coa profe Aida e máis Chus ídelo pasar moi, moi ben. E recordade, a máxima expresión do AMOR é respetarse a un mesmo e aos demáis. Bo comezo!!!!