Páginas

jueves, 30 de noviembre de 2023

ESCOITAMOS COMO LES

 Hoxe tivemos a sorte de contar con Lucìa, a nai de Clara, que nos contou 4 contos marabillosos e rimados onde os animàis son os protagonistas. Encantàronnos!!!



martes, 28 de noviembre de 2023

25 N: O chuvasqueiro de Aurora

 O nosos nenos e nenas estivemos a traballar este conto, aprendimos o texto e fixemos unha representación moi gratificante.





Tamèn estivemos a traballar o concepto de VIOLENCIA, a travès dun mural con cores fluor que despois vimos con luz negra e un audio de gondo que daba moito que pensar...



miércoles, 22 de noviembre de 2023

ESCOITA COMO LES

 Hoxe comezamos con esta actividade integrada no proxecto da biblioteca onde as familias colaboran coa escola vindo contarnos un conto. Pois non foi un senon dous contos, "Chibos chibóns" e "A àrbore da escola" a cargo de Vicky e Xabi, respectivamente, os pais de Pablo. Moitas, moitas gracias por este ratiño tan especial!!




NOVOS XOGOS INTERACTIVOS

 DE QUEN É ESTA BOCA???


QUE EMOCIÓN É?

viernes, 17 de noviembre de 2023

O punto e Yayoi Kusama

 A semana pasada estivemos a ver a diferencia entre as figuras planas e as figuras con volume, en concreto o cìrculo e a esfera (o planeta Terra è e plano??)...e aproveitando introducimos o punto como unha tècnica de pintado e quen mellor que a artista xaponesa Yayoi Kusama para velo.



MICRORREDE DA MARIÑA

 Preparando a actividade colaborativa...







sábado, 11 de noviembre de 2023

Sesión de psicomotricidade

 Nesta etapa educativa è esencial coordinar e desenvolvernos motrizmente, tanto a nivel groso como fino.



viernes, 10 de noviembre de 2023

DEBUXAMOS OS NOSOS MEDOS

 A primeira vìa para superar os nosos medos è facèndoos conscientes e falando deles.




RATIÑO, ESTÀS AÌ??

 Ratiño Pèrez, prepàrate ben porque na sula de Plumitas xa estamos a perder os nosos dentes de leite...tocoulle a quenda a Lara e decoramos unha caixiña para gardalo. Que ilusión!!


APRENDIZAXES PARA A VIDA

 De que serve aprender letras, números, cores se non aprendemos o bàsico e fundamendal???ou màis ben, quen di que non podemos aprender as cores, cantidade, orientación espacial...ao mesmo tempo que desenvolvemos aprendizaxes bàsicas para a vida??




viernes, 3 de noviembre de 2023

OBRADOIROS SAMAÌN 2: MONSTRUOS CON PEGATINAS

 Despois de deseñar à nosa familia probamos a darlle un toque de terror às nosas creacións von pegatinas.




OBRADOIRO DE SAMAÌN: MONSTRUOS CON PLASTELINA

 Unha silueta da cabeza, pinturas, plastelina e moita imaxinación!