Páginas
jueves, 25 de abril de 2024
miércoles, 24 de abril de 2024
DECENAS E REGLETAS
Estamos a traballar o concepto da decena e as regletas resultan de gran axuda. Pouquiño a pouco imos tendo un maior coñecemento deste concepto tan abstracto.
APRENDIZAXE CIENTÌFICO
Moitas veces, da maneira màis fortuita e improvisada, xurden preguntas, dúbidas...hoxe, despois de pasarnos coa cantidade de auga que lle botamos à area xurdiu o problema de como podiamos eliminala...
...e nesto estamos, funcionarà?? Asì è como xorden as aprendizaxes, a base de facerse preguntas, plantexar hipóteses e comprobalas ou refutalas, o aprendizaxe cientìfico.
MINIMU DOS E NATUREZA
Creando, por equipos, minimu dos, con elementos da natureza.
Esta actividade improvisada deu mooto de sì. Tivemos que organizarnos, tomar decisión e despois contar que representaba cada matwrial empregado.
sábado, 13 de abril de 2024
CO MEU PAI
De novo tivemos o pracer de contar cun papà na escola,neste caso o de Andrea, Vivente, que compartiu connosco unha morea de cancións chulìsimas e sobretodo moi moi divertidas asì como un cont moi especial creado especialmente para Andrea e a sua irmà, Irene . Moitas gracias!!
MEDINDO POR PARELLAS COUSAS DO PATIO
Aproveitando o bontempo saimos a traballar ao patio e i vestigamos canto medìan diferentes obxectos do patio con diferentes partes do corpo.
EXPERIMENTANDO CON CROMA
Despois da formación recibida a semana pasada a cargo de Ivàn Vale sobre Croma e duas Apps recomendadas, empregamos unha delas para a primeira toma de contacto dos peques con esta tècnica, onde por parellas foron gravando os seus propios vìdeos e poñèndolle o fondo que màis lles gustou.
viernes, 12 de abril de 2024
BICHOS-PEDRA
No proxecto Etwinning "Explorers of Nature" seguimos a experimentar con elementos naturàis. Neste caso con pedras, coas que tivemos que inventar un novo insecto habitante dos nosos hortos. Este foi o resultado.
miércoles, 10 de abril de 2024
PINTANDO VIVEIRO CON DAVID CATÀ
Hoxe, por fin,bchegou o dìa no que puidemos desfrutar do saber deste gran artista. Foi unha actividade preciosa, onde alumnado e familias compartiron momento e experiencia. Todo un pracer poder estar.
lunes, 8 de abril de 2024
ENTENDENDO OS ECLIPSES
Hoxe, aproveitando o gran acontecemento do dìa que està a sair en todos o medios, o eclipse de sol, os de 6 de infantil estivemos a repasar contidos xa estudados sobre os planetas e o seus movementos. Dèmoslles o material necesario para construir un simulador da situación de cada astro para que se produza o eclipse. Eles/as baixo ensaio erro chegaron à resposta correcta.
sábado, 6 de abril de 2024
FABRICANDO PAPAVENTOS
Inmersos no proxecto Etwinning "Explorers of nature" levamos a cabo unha nova proposta: kite festival, para o cal tivemos que construir primeiro o papaventos, e fixèmolo por equipos, onde a partir dunha explicación inicial dos pasos a seguir debìan de ir resolvendo en equipos as dúbidas que ìan xurdindo. Queredes velo??
PINTANDO VIVEIRO
Esta semana estivemos a preparar o lienzo para realizar a obra plàstica coas familias e o artista local David Catà.
jueves, 4 de abril de 2024
MEDÌMONOS CON DIFERENTES PARTES DO CORPO
Estamos a traballar o concepto de medida asì como diferentes maneiras de medirnos. Unha actividade moi interesante e divertida!
EU VOU CONMIGO
Para conmemorar o dìa do autismo e do libro infantil o pasado 2 de abril as profes fixemos unha representación teatral do conto "Eu vou conmigo", onde o reforzo do autoconcepto e a aceptación das diferencias que cada un ten, son as temàticas a tratar. Despois fixemos un debixo da protagonista para avaliar a comprensión do mesmo.