Despois dun longo curso cheo de actividades toca tempo de descanso e disfrute en familia. Bo verán e...
Páginas
domingo, 22 de junio de 2025
ÚLTIMA SEMANA DE CURSO
Esta última semana estivo chea de actividades! O luns fixemos a representación de "Dona Carme", para familias e compañeiros, unha maneira de ir perdendo o medo escénico...
O mércores, as mestras representaron " O dragón vermello".
O xoves tivemos xornada de xogos e festa rachada no parque da Misericordia.
E o venres despedimos o curso con Inma e un contacontos moi especial, merendola no patio, música con Manoel e Javi e o seu alumnado de extraescolares, graduación dos maiores do cole e baile de despedida.
lunes, 16 de junio de 2025
PROXECTO ETWINNING: JOURNEY FROM BOOK TO US
Estamos cos últimos coletazos do proxecto e para iso vos pido que nos comentarios desta entrada deixedes a vosa opinión sobre o proxecto decindo quenes sodes. Tamén recordarvos que si tedes algún actividade máis feitas dos últimos catro tópico mas enviedes ao mail ou ao what app do teléfono o antes posible. Moitas grazas pola vosa colaboración.
domingo, 15 de junio de 2025
VAMOS A LA PLAYA UOOOOO!
O pasado xoves por fin puidemos ir de ruta ata a praia de Covas. Xogamos coa area, paus, cunchas...desfrutamos a tope!!
miércoles, 4 de junio de 2025
PROXECTO ETWINNING "PROTECTING ANIMALS"
Recordade entrar no blog e na páxina de twinspace (na icona da barra lateral dereita co coso usuario e contrasinal)para ver todas as actividades que fixemos este curso : libros colaborativos, cancións conxuntas, libro de xogos populares sobre animáis, minimundos coa tècnica de stop motion...e moitas máis sorpresas!!
https://protectinganimalsetwiningproject.blogspot.com/