Páginas

sábado, 25 de abril de 2026

ORIENTACIÓN ESPACIAL

 


Nos xogos por recantos tratamos de propoñer sempre xogos e retos que estén relacionados co centro de interese que estemos traballando en cada momento. Esta semana na mesa de luz tocou colocar correctamente no espazo os diferentes bechiños.

PROXECRO ETWINNING: XOGUETES DE REFUGALLO

 Tedes ata o vindeiro mércores 29 para presentarnos os vosos xoguetes ideados en familia!! Recordade que estas actividades son voluntarias e o que buscamos e dar ideas para pasar tempo en familia e que teña unha repercusión pedagóxica, reforzando os contidos traballados na escola.

BONECOS CRECEPELO

 E por fin puidemos ver xomo lles crecía o pelo aos nosos bonecos. Tamén lle demos renda solta ás nosas dotes de perruqueirxs...agora só tedes que seguir dándolles os cuidados necesarios para que o pelo siga crecendo!!



TRABALLO POR EQUIPOS

 Aproveitando a ausencia de chuvia fixemos un xogo colaborativo por equipos, onde cada equipo tiña que atopar unha serie de obxectos e letras agochados polo patio, contar cantos tilas de cada un e sumalos, e coas letras compoñer unha palabra relacionada cos obxectos atopados. Para finalizar, tiveron que inventar unha historia tendo eses wlementos como fío condutor. Anotación: gústanlles as historias de terror...aí o deixo.



COMTACONTOS

 O venres acompañáronnos do centro de Alzheimer de Viveiro para falarnos un pouquiño desta enfermidade a través de dous contos marabillosos. Moitas gracias Rocío!!



CONTACONTOS POLO DÍA DO LIBRO

 O mércores, e para conmemorar tamén o día do libro, 23 de abril, contamos no centro con Electra, que nos contou un conto mooientretido, " A casiña das letras".



OBRADOIRO DE ALIMENTACIÓN SAUDABLE

 Esta semana tamén contamos cunha profesional da UDC que nos preparou un obradoiro moi dinámico e instructivo sobre como facer a compra máis saudable e respectuosa co medio ambiente.



A GRAN CUBRICIÓN

 Seguimos a preparar o noso mural para facer a Gran Cubrición, dentro da Rede Planea, esta vez fixémolo toda escola ao mesmo tempo, coma un gran equipo para conmemorar o día internacional do libro!



PINTAMOS ESCARAVELLOS

 Tamèn estamos a coñecer outro tipos de escaravellos: pelotero, cervo, rinoceronte...



AS XOANIÑAS

 A que non sabiades que as xoaniñas son un tipo de escaravello e a as hai de moitas cores diferentes ou que non todas teñen puntos negros, ou que son o mellor aliado das hortas?? Esta semana traballamos a partir do conto "La mariquita gruñona" este incrible insecto e despois fixemos unha ficha de simetría nada fácil que souneron resolveroi ben!!

E que saibades que esta semana temos unha pequena sorpresiña agardamdo por vós!!


lunes, 20 de abril de 2026

UN BECHIÑO NOVO: OS VAGALUMES!!

 Que tipo de animal son os vagalumes?? Por que teñen luz? Para que lles serve?? Investigamos un un pouquiño máis sobre este chamativo bicho:








PROXECTO ETWINNING: SMART

 Deixo a continuación o enlace para que votedes o voso logo favorito:

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfZbABHwPWUX4WJPD9Nav9kRbQfQPUrf4qKwM2jjFWWKnU-BA/viewform

Tamén pedimos a vosa colaboración para participar en:


A proposta é que fagades na casa cxs vosxs fillxs un "xoguete" con materila de refugallo e que o traian á escola para ensinarllo xs compañeirxs e explicarnos como fixeron. Na biblioteca da escola temos bibliografía que vos pode dar algunha idea. Animádecos a participar. Moitas gracias!! Xa vos confirmarei a data límite!


domingo, 19 de abril de 2026

XOGOS TRADICIONÁIS

 O pasado venres desfrutamos do lindo coas nosas familias e a asociación de xogo tradicional Xotramu. Unha mameira divertida de colecer os xogos de antes e os seus nomes, todo un exemplo de inxenio e respeto co medio ambiente.



A nOSA APORTACIÓN AO PROXECTO PLANEA

 Para conmemorar o día da poesía e axudar aos.maiores coa " Gran cubrición", lemos un poema de Gloria Fuertes  e a partir do.mesmo debuxamos en papel contínuo.



lunes, 13 de abril de 2026

PROXECTO: BECHIÑOS DA HORTA


 Hoxe averiguamos que ten que ter un bicho para ser un insecto: 6 patas 2 pares de ás e un par de antenas, e por votación decidimos que bechiño comezar a investigar: o escaravello!!!



PROXECTO ETWINNING EARTH KEEPERS

 Achegámonos á recta final deste proxecto e este mes celebraremos por todo o grande o Día da Terra (22 de abril).

Está é a actividade que nos tocou a nós e xa emoezamos a ser máis conscientes do consumo de electricidade...

Vos pedimos que dende casa reforcedes estas aprendizaxes e si podedes sacar e mandar algunha fotiño apagando luces e dispositivos electrónicos agradécese...

viernes, 10 de abril de 2026

INSTAGRAM DA ESCOLA

Podedes ver un resumo das actividades que realizamos comxuntamente todo o alumnado do da escola na páxina de Instagram.

PROXECTO ETWINNING: SKILLS HANDS ACCOMPLISH GREAT THINGS

 Neste proxecto estamos a traballar diferentes habiliades relacionados coa autonomía e o coodado persoal como por exemplo: abotoado e desabotoado, darlle a volta ás mangas, poñer e quitar zapatos, lavado de dentes e mans, limprae despois de ir ao baño, colgar e doblar a roupa, poñer a mesa, limpiar a mesa, lavar a louza ou axudar no cociñado...vos pedimos que reforcedes o máximo posible estas aprendizaxes na casa, as fines de semana, que sempre hai algo máis de tempoe que si podedes nos mandedes algunha foto do neno ou nena facendo a actividade. Moitas grazas pola vosa colaboración.

OS BECHIÑOS DA HORTA

 Comezamos trimestre e continuamos co proxecto anual sobre a alimentación, a horta e agora é a quenda dos bechiños que habitan nela. E para comezar lanzámoslles a seguinte pregunta: é o mesmo un becho que un insecto??? Xa recompilamos unha chea de bibliografía sobre o tema e a semana que ven comezaremos coa investigación...iremos publicando no blog distintos materiáis interesantes para reforzar contidos traballados na aula e na pestaniña de arriba de todo onde pon BECHOS poderedes atopar unhas curtas de animación xeniáis tituladas Minuscule, onde os protagonista son toda clase de bechos. Agardo que cos gusten.