Tedes ata o 20 de novembro para cubrilas. Recordade sacar unha foto sin que se vexa a cara directamente e mandarma por mail uxiaquintela@edu.xunta.es.
Páginas
miércoles, 4 de noviembre de 2026
ENQUISAS INICIÁIS PROXECTO ETWINNING
sábado, 24 de octubre de 2026
ESTE ANO O SAMÁÍN ESTÁ PASADO POR AUGA
Os monstruos mariños que estades a facer nas casas son realmente alucionantes, vai quedar unha expo do máis chula!! Agardamos vos guste!!
DÍA DAS ESCRITORAS E DAS BIBLIOTECAS
Esta semana conmemoramos o días das escritoras conncontacontos de escritoras galegas na biblioteca a cargo das mestras e colecimos o funcionamento da biblioteca municipal da que nos fixemos socios e puidemos levar emorestaso un conto que compartiremos conresto e leremos na aula. Tamén, cada un, rexiatrou o conto collido no ordenador da aula, coma se fosemos auténticos/as bibliotecarios/as.
PREPARANDO A ESCOLA PARA O SAMAÍN
De cara a desenvolver a creatividade dividimos a aula en catro estacións de traballo distintas, deixando en cada unha material e directrices diferentes para elaborar un monstruo horripilante. Ai longo destes días iremos rotando para que cada un faga os seus. Para a semana amosaremos como quedaron...a min estanme encantando!!
COMEZAMOS CO PROXECTO ETWINNING
Esta semana coñecimos ás mestras, escolas e alumnado cos que imos colaborar, e o máis soeprendente foi que coñrciamos as bandeiras dos cateo países!! A vindeira semana alguén nos vai vir visitar, quén será será?
martes, 6 de octubre de 2026
lunes, 5 de octubre de 2026
PINTURAS RUPESTRES
Hoxe voltamos recordar aos nosos ancestros e usamos pinturas feitas con elementos naturáis como o carbón ou a terra para pintar distintas figuras como as propias mans ou animáis.
domingo, 4 de octubre de 2026
PRIMEIRA SAÍDA POLO CASCO ANTIGO DE VIVEIRO
O venres pasado collimos os nosos rueiros e fomos á aventura en búsqueda dos distintos monumentos de Viveiro onde tivemos que superar varios retos...
jueves, 1 de octubre de 2026
ESPERTANDO O COÑECEMENTO CIENTÍFICO
Hoxe Paca tiña preparada unha nova caixa para nós. Desta volta contiña unha botella con auga, funís, vasos, unhas fotos , o signo e picto de repartir e un QR co son da auga da billa. As directrices foron como reparti a partes iguais a auga da botella nos 5 vasos...foron plantexandose hipóteses así como novas hipóteses e preguntas ante a aparición de novos problemas...resultoundo máis enriquecedor e divertido.
VIVARIUM: A HISTORIA DA NOSA VILA
Hoxe aprendimos un pouco máis somos as nosas orixes. Lanzamos a pregunta de si os monumentos de Viveiro estiveron sempre aí, si os tivo que construír alguén, si sempre houbo seres humanos na terra ou non, por que se asentaron aquí os primeiros humanos, por que lle puxeron a este lugar o nome de Viveiro...
CADERNO DE CAMPO
Onte fixemos un obradoiro para fabricar o noso propio caderno de campo que levaremos connosco nas saídas que fagamosn este curso...
martes, 29 de septiembre de 2026
MONUMENTOS
VISITAMOS A OFICINA DE TURISMO
Seguindo a ruta marcada no noso rueiro chegamos sen problema á oficina de turismo da vila, xa que ese era o lugar que nos indicou a pirata Paca, coa sua última pista. Alí fomos recibidos por María e Mariña que nos falaron do se se fai alí así como das cousas tan bonitas que podemos ver e vivir en Viveiro. Ademáis nos fixeron entrega dun mapas cos cales imos poder seguir investigando neste proyecto que estamos iniciando: Vivarium, a historia da nosa Vila.
domingo, 20 de septiembre de 2026
Proxecto Terra
Despois de adiviñar de onde é o mapa o seguinte reto de Paca é buscar en que lugar de Viveiro podemos atopar esta imaxen.
miércoles, 16 de septiembre de 2026
UNHA CAIXA CHEA DE...
E hoxe ,cando chegamos á aula tiñamos esta caixa agardando por nós...nela estaban agochados Paca,a Pirata, en compaña de Calisto, o burro, que nos traía un agasallo moi especial, un mapa!! Agora, a nosa misión consiste en averiguar a que lugar pertence ese mapa. Aínda que xa tivemos unha hipótese acertada, toca momento de contrastar...
UNHA CAIXA CHEA DE...
Comezamos o PDC de centro presentando unha caixa...
Pero desta volta a caixa viña baleira así que ideamos un xogo para buscarlle utilidade
Cos ollos tapados e desprazándose lentamente pola aula un dos nenos/as quedou oculto pola caixa e o resto ao despatar os ollos tiveron que adiciñar de quen se trataba, parece unha tarefa fácil pero crédeme cando vos digo que non o foi...
martes, 8 de septiembre de 2026
BENVIDA AO CURSO DE 6º DE E.I.
Queridas familias:
Quero agradecerlles a súa asistencia e participación na reunión de inicio de curso celebrada onte. Comezar este último ano da Educación Infantil sentindo o voso apoio e proximidade é o mellor punto de partida para garantir o benestar dos vosOS fillos e fillas.
Como comentamos, este curso é un ano precioso, cheo de retos, descubrimentos e maduración. É o peche dunha etapa máis vivencial e a ponte cara a Educación Primaria. O noso obxectivo común non debe ser acelerar os tempos nin meterlles presión, senón axudalos a medrar con seguridade, felicidade e autonomía.
Para que poidamos traballar en equipo desde o primeiro día, lémbrolles de xeito moi breve tres alicerces clave para o día a día:
Autonomía: Axudémoslles en casa a facerse responsables das súas cousas (abrigos, mochilas, calzado). Deixemos que o intenten sós; facer as cousas por eles hoxe e restarlles seguridade para o mañá.
Puntualidade: A xornada comeza na asemblea, un momento fundamental de linguaxe, rutinas e cohesión do grupo. A puntualidade axúdalles a entrar tranquilos e situados na aula-
Lectura sen présas: como se describe no díptico que entreguei onte. Esquecín comentar que este curso, no programa de lectura e familias, tentaremos abordar a temática do ensino da lectoescritura dende o seno familiar, xa que é unha temática que cremos que en xeral vos xera incertidumbre e presión.
Estou á vosa total disposición para acompañar aos vosos pequenos nesta viaxe tan especial. Grazas de novo por formar parte deste equipo:
Uxía Quintela Díaz
Titora de 6º de Infantil
domingo, 21 de junio de 2026
BO VERÁN FAMILIAS
Quero despedirme de todos bos e darvos a grazas por este curso, por prestarvos sempre a colaborar, por ser comprensivos, por traballar man a man buscando sempre o benestar dos vosos pequeniños e pequeniñas. Agora e tempo de descanso e disfrute para regresar en setembro con enerxías renovadas. Quería ter preparada unha actuación para final de curso para darlle o broche final os proxecros desenvolvidos este curso pero por dicersas circunstancias non nos deu a vida así que non descartamos preparalo para finais de setembro. Aí o deixo!! Pois iso, que pasedes un feliz verán!!
jueves, 11 de junio de 2026
OLA!!!SON UN BICHO BÓLA!!
Último bechiño da horta!!
martes, 9 de junio de 2026
jueves, 4 de junio de 2026
CARACOIS
Como estes días estamos a falar dos Caracois deíxovos para esta finde de semana unhas curtametras de animación da editorial OQO moi moi divertidas!!
miércoles, 3 de junio de 2026
jueves, 28 de mayo de 2026
SIMETRÍAS
A CASIÑA DAS ABELLAS
miércoles, 13 de mayo de 2026
MOSQUITOS
lunes, 11 de mayo de 2026
OS BECHIÑOS DA HORTA: AS ARAÑAS
O seguinte bechiño da horta elexido democráticamente para investigar foi a araña!!! Limos o conto "A araña hacendosa":
E aquí vos deixamos uns xogos para que comprobedes o aprendido:
E uns vídeos con información moi interesante...
domingo, 10 de mayo de 2026
"OS XIRASOIS" DE VAN GOGH
Xa que estamos na primavera estivemos a traballar un dos cadros do "Xirasois" de Van Gogh e despois cada un fixo a sua propia versión do mesmo con material de refugallo. Que vos parecen??
domingo, 3 de mayo de 2026
AVALIACIÓN FINAL PROXECTO ETWINNING "EARTH KEEPERS"
O proxecro chega ao seu final e para nós é moi importante a vosa opinión. Nos seguintes enlaces accederedes áos cuestionarios fináis que estarándispoñibles ata o 14 de maio. Recordade enviar algunha fotiño cubríndoa xa que temos que presentar evidencias. Moitísimas grazas pola vosa implicación e colaboración:
FROM WASTE TO WONDER
Familias, queros darvos as grazas pola vosa implicación nesta proposta que foi sen dúbida un rotundo éxito e o maior indicativo foi comprobar como xogaron esta semana cos xoguetes feitos na casa, desfrutaron moitísimo ademáis de concienciarse de que non é preciso mercar xoguetes novos para aprender e pasalo ben. FAMILIAS DE 10!!!
sábado, 25 de abril de 2026
ORIENTACIÓN ESPACIAL
Nos xogos por recantos tratamos de propoñer sempre xogos e retos que estén relacionados co centro de interese que estemos traballando en cada momento. Esta semana na mesa de luz tocou colocar correctamente no espazo os diferentes bechiños.
BONECOS CRECEPELO
E por fin puidemos ver xomo lles crecía o pelo aos nosos bonecos. Tamén lle demos renda solta ás nosas dotes de perruqueirxs...agora só tedes que seguir dándolles os cuidados necesarios para que o pelo siga crecendo!!
OBRADOIRO DE ALIMENTACIÓN SAUDABLE
Esta semana tamén contamos cunha profesional da UDC que nos preparou un obradoiro moi dinámico e instructivo sobre como facer a compra máis saudable e respectuosa co medio ambiente.

















































