Como preparación para poder darlle ordes aos escornabots necesitamos traballar a propiocepción e percibir o movemento no noso propio corpo. Neste caso, por parellas un/unha tiña que facer de espello do outro/a.
Páginas
domingo, 28 de febrero de 2021
sábado, 27 de febrero de 2021
EU VEN VÍN CANTAR AO MOUCHO
Se premedes AQUÍ iredes á entrada que fixo Librín sobre todo o que traballamos sobre Rosalía de Castro.
viernes, 26 de febrero de 2021
TRABALLAMOS O PENSAMENTO COMPUTACIONAL CON ROSALÍA DE CASTRO
Aproveitando o bo tempo delimitamos un espazo con cuadrículas no chan e por parellas unha facía de escornabot e outro era a que lle daba as ordes para que se fora movendo polas cuadrículas buscando as letras que conformaban o nome de ROSALÍA. Non hai como autoexperimentar primeiro para poñer en práctica despois en terceiros.
jueves, 25 de febrero de 2021
INICIACIÓN Á SUMA
No recuncho do súper aproveitamos a balanza para reforzar a forma hexagonal, os tamaños, as cores, o concepto de pesar (gramos) e coma non as equivalencias das pesas onde tamén estamos a traballar a suma.
miércoles, 24 de febrero de 2021
SITUAMOS NUN PLANO
Hoxe, a raíz de escoitar unha canción sobre Rosalía de Castro xurdiu a pregunta de si na nosa vila habería unha rúa á que se lle dera o seu nome. Abrimos o Google Maps e localizamos o noso cole e aproveitamos para situar o Gadis e a Praza de Abastos.
martes, 23 de febrero de 2021
24 DE FEBREIRO- DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO
Coma todos os anos aproveitamos para traballar esta data tan especial xunto co día da lingua materna (21 de febreiro) para revalorizar algo que nos é propio e que debemos de conservar e defender. Cantas máis linguas nos falen cando somos nenos e nenas máis facilidade teremos para a aprendizaxe das diferentes linguas a medida que crecemos. Por isto e porque se está perdendo quero animarvos familias a que usedes a lingua galega cos vosos/as fillos e fillas o máximo que poidades. Quen sabe, igual temos a algunha Rosalía na nosa aula...
Déixovos o seguinte enlance á web do cole para que escoitedes a canción que estamos a traballar baseado nun poema de Rosalía de Castro. Pincha AQUÍ.
E tamén unhas fotos do moucho que fixemos!!!
lunes, 22 de febrero de 2021
PROXECTO EDUEMOCIONA: CALMA VS EXCITACIÓN
Esta semana traballamos a emoción da excitación a través do conto "Topito Terremoto":
E falamos de que lles fai estar excitados e que calmados:
Prestade atención as suas respostas!!!
E aquí vos deixamos un xogo para facer memoria:
sábado, 20 de febrero de 2021
TRABALLAMOS O PENSAMENTO COMPUTACIONAL
A actividade consistía en dados 2 puntos nunha folla con cadrados tiñan que ir de un lado a outro seguindos as filas e columnas. Despois levámolo á pizarra dixital onde dado un percorrido tiñan que ir poñendo as frechas en función da dirección a tomar.
viernes, 19 de febrero de 2021
A COMER!!!
Hoxe preparamos o noso menú e sorprendentemente é bastante saudable. Algo debemos de estar a facer ben!!!
jueves, 18 de febrero de 2021
domingo, 14 de febrero de 2021
14 DE FEREIRO: DÍA DOS NAMORADOS (PROXECTO EDUEMOCIÓNATE:O AMOR)
Algún admirador ou admiradora deixoulle a Librín unha carta cun poema moi fermoso de Xosé María Álvarez "Era un airiño soave":
E despois escollimos e limos un conto para que Librín lle agasallase ao seu admirador/a segredo/a:
E este xogo para que pasedes un ratiño:
sábado, 13 de febrero de 2021
OS NOSOS BLOGS
Non deixedes de visitar os outros blogs: Patas Peludas (con novas noticias mensuais na sua revista dixital), Voz Natura e Bibliolibrín (tedes os enlaces na barra lateral).
BUSCANDO O NORTE
Xa está publicada na web do centro a curtametraxe de animación que realizamos o curso pasado baseada no conto de OQO "Buscando o Norte" para o proxecto "Nós tamén creamos". Si queredes vela pinchade AQUÍ.
E agora para recordar o visto...
viernes, 12 de febrero de 2021
DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA
Librín deixounos no seu blog unha entrada moi especial, se queres vela pincha AQUÍ
jueves, 11 de febrero de 2021
XOVES DE ENTROIDO NA ESCOLA
GLOBOS QUE NOS SORPRENDEN
A semana pasada estivemos a practicar cunha nova técnica de pintura onde a sorpresa é o ingrediente secreto!!!
miércoles, 10 de febrero de 2021
MÉRCORES DE ENTROIDO NA ESCOLA
A Meca manda a Meca ordena traer...
Tamén recitamos un poema de Ana María Fernández acompañado de pictogramas:
Se queres escoitalo pincha AQUÍ
Unimos o disfrace co seu complemento:
E fixemos un xogo:
martes, 9 de febrero de 2021
11 DE FEBREIRO-DÍA DA MULLER NA CIENCIA
Coma ben vimos conmenmorando os últimos anos, o día da muller e a nena na ciencia non deixa de ser un reclamo máis da plena igualdade de dereitos das mulleres nun campo no que estabamos máis que olvidadas a pesar do extenso traballo que vimos desenvolvendo ao longo da historia.
Quixemos comezar cos robots como temática motivadora para os nenos e nenas...
... e afondamos en coñecer a Elena García Armada , creadora do primeiro exoesqueleto biónico.
Agora poñede en práctica o aprendido cos seguintes xogos:
MARTES DE ENTROIDO NA ESCOLA
lunes, 8 de febrero de 2021
LUNS DE ENTROIDO NA ESCOLA
A Meca manda a Meca rdenada que veñamos con roupa de cama!!!
domingo, 7 de febrero de 2021
GIUSEPPE ARCIMBOLDO-PARTE 2
Estes días fomos un pasó máis aló e tentamos plaxiar os cadros de Arcimboldo cos nosos propios autorretratos!!!
viernes, 5 de febrero de 2021
jueves, 4 de febrero de 2021
PIRÁMIDE DOS ALIMENTOS
Creamos a nosa propia pirámide dos alimentos con caixas de panos de papel reutilizadas para xogar nor recunchos e aprender máis sobre aqueles alimentos máis importantes na nosa dieta e aqueles que son menos importantes.
miércoles, 3 de febrero de 2021
AS MANS NON SON PARA PEGAR
E xa para rematar co traballo directo sobre a Paz e a non violencia (xa que hai que traballalo todos os días), un conto que nós fala dos usos máis axeitados das nosas mans "As mans non son para pegar".