domingo, 28 de febrero de 2021

UN ESPELLO PARA MIRAR

 Como  preparación para poder darlle ordes aos escornabots necesitamos traballar a propiocepción e percibir o movemento no noso propio corpo. Neste caso, por parellas un/unha tiña que facer de espello do outro/a.





sábado, 27 de febrero de 2021

EU VEN VÍN CANTAR AO MOUCHO

 Se premedes  AQUÍ iredes á entrada que fixo Librín sobre todo o que traballamos sobre Rosalía de Castro.

viernes, 26 de febrero de 2021

TRABALLAMOS O PENSAMENTO COMPUTACIONAL CON ROSALÍA DE CASTRO

 Aproveitando o bo tempo delimitamos un espazo con cuadrículas no chan e por parellas unha facía de escornabot e outro era a que lle daba as ordes para que se fora movendo polas cuadrículas buscando as letras que conformaban o nome de ROSALÍA. Non hai como autoexperimentar primeiro para poñer en práctica despois en terceiros.



jueves, 25 de febrero de 2021

HAS CANTAR DE ROSALÍA DE CASTRO

 





INICIACIÓN Á SUMA

 No recuncho do súper aproveitamos a balanza para reforzar a forma hexagonal, os tamaños, as cores, o concepto de pesar (gramos) e coma non as equivalencias das pesas onde tamén estamos a traballar a suma.



miércoles, 24 de febrero de 2021

SITUAMOS NUN PLANO

 Hoxe, a raíz de escoitar unha canción sobre Rosalía de Castro xurdiu a pregunta de si na nosa vila habería unha rúa á que se lle dera o seu nome. Abrimos o Google Maps e localizamos o noso cole e aproveitamos para situar o Gadis e a Praza de Abastos.




martes, 23 de febrero de 2021

24 DE FEBREIRO- DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

 Coma todos os anos aproveitamos para traballar esta data tan especial xunto co día da lingua materna (21 de febreiro) para revalorizar algo que nos é propio e que debemos de conservar e defender. Cantas máis linguas nos falen cando somos nenos  e nenas máis facilidade teremos para a aprendizaxe das diferentes linguas a medida que crecemos. Por isto e porque se está perdendo quero animarvos familias a que usedes a lingua galega cos vosos/as fillos e fillas o máximo que poidades. Quen sabe, igual temos a algunha Rosalía na nosa aula...

Déixovos o seguinte enlance á web do cole para que escoitedes a canción que estamos a traballar baseado nun poema de Rosalía de Castro. Pincha AQUÍ.

E tamén unhas fotos do moucho que fixemos!!!




lunes, 22 de febrero de 2021

PROXECTO EDUEMOCIONA: CALMA VS EXCITACIÓN

 Esta semana traballamos a emoción da excitación a través do conto "Topito Terremoto":


E falamos de que lles fai estar excitados e que calmados:




Prestade atención as suas respostas!!!

E aquí vos deixamos un xogo para facer memoria:


sábado, 20 de febrero de 2021

TRABALLAMOS O PENSAMENTO COMPUTACIONAL

 A actividade consistía en dados 2 puntos nunha folla con cadrados tiñan que ir de un lado a outro seguindos as filas e columnas. Despois levámolo á pizarra dixital onde dado un percorrido tiñan que ir poñendo as frechas en función da dirección a tomar.




viernes, 19 de febrero de 2021

A COMER!!!

 Hoxe preparamos o noso menú e sorprendentemente é bastante saudable. Algo debemos de estar a facer ben!!!



jueves, 18 de febrero de 2021

domingo, 14 de febrero de 2021

14 DE FEREIRO: DÍA DOS NAMORADOS (PROXECTO EDUEMOCIÓNATE:O AMOR)

 Algún admirador ou admiradora deixoulle a Librín unha carta cun poema moi fermoso de Xosé María Álvarez "Era un airiño soave":





E despois escollimos e limos un conto para que Librín lle agasallase ao seu admirador/a segredo/a:


Aquí vos deixamos outro conto para este día tan especial:




E este xogo para que pasedes un ratiño:





sábado, 13 de febrero de 2021

OS NOSOS BLOGS

 Non deixedes de visitar os outros blogs: Patas Peludas (con novas noticias mensuais na sua revista dixital), Voz Natura e Bibliolibrín (tedes os enlaces na barra lateral).

BUSCANDO O NORTE

 Xa está publicada na web do centro a curtametraxe de animación que realizamos o curso pasado baseada no conto de OQO "Buscando o Norte" para o proxecto "Nós tamén creamos". Si queredes vela pinchade AQUÍ.

E agora para recordar o visto...


jueves, 11 de febrero de 2021

XOVES DE ENTROIDO NA ESCOLA

 Aínda que o tempo non os está a acompañas as ganas de troula nunca faltan. Hoxe a Meca ordenou que gorro e bufanda tiñamos que traer!!!


Tamén debuxamos á Meca!!!




GLOBOS QUE NOS SORPRENDEN

 A semana pasada estivemos a practicar cunha nova técnica de pintura onde a sorpresa é o ingrediente secreto!!!



miércoles, 10 de febrero de 2021

MÉRCORES DE ENTROIDO NA ESCOLA

 A Meca manda a Meca ordena traer...



Tamén recitamos un poema de Ana María Fernández acompañado de pictogramas:


Se queres escoitalo pincha AQUÍ

Unimos o disfrace co seu complemento:


E fixemos un xogo:




martes, 9 de febrero de 2021

11 DE FEBREIRO-DÍA DA MULLER NA CIENCIA

 Coma ben vimos conmenmorando os últimos anos, o día da muller e a nena na ciencia non deixa de ser un reclamo máis da plena igualdade de dereitos das mulleres nun campo no que estabamos máis que olvidadas a pesar do extenso traballo que vimos desenvolvendo ao longo da historia. 

Quixemos comezar cos robots como temática motivadora para os nenos e nenas...


... e afondamos en coñecer a Elena García Armada , creadora do primeiro exoesqueleto biónico.




Agora poñede en práctica o aprendido cos seguintes xogos:


MARTES DE ENTROIDO NA ESCOLA

A Meca manda a Meca ordena que a bata de casa debemos traer...
 

Tamén vós deixamos un xogo para axudarvos a non esquecer os mandatos da Meca.

lunes, 8 de febrero de 2021

LUNS DE ENTROIDO NA ESCOLA

 A Meca manda a Meca rdenada que veñamos con roupa de cama!!!


E un pouquiño de música sempre alegra o día!!!






domingo, 7 de febrero de 2021

GIUSEPPE ARCIMBOLDO-PARTE 2

 Estes días fomos un pasó máis aló e tentamos plaxiar os cadros de Arcimboldo cos nosos propios autorretratos!!!


E agora que xa víchedes os retratos propoñémosvos un reto, adiviña quen é????



jueves, 4 de febrero de 2021

PIRÁMIDE DOS ALIMENTOS

 Creamos a nosa propia pirámide dos alimentos con caixas de panos de papel reutilizadas para xogar nor recunchos e aprender máis sobre aqueles alimentos máis importantes na nosa dieta e aqueles que son menos importantes.





miércoles, 3 de febrero de 2021

AS MANS NON SON PARA PEGAR

 E xa para rematar co traballo directo sobre a Paz e a non violencia (xa que hai que traballalo todos os días), un conto que nós fala dos usos máis axeitados das nosas mans "As mans non son para pegar".





martes, 2 de febrero de 2021

CONTÁXIAME A TUA PAZ


Escoitamos esta canción que nos fala sobre as menciñas recomendadas para estar en paz cun mesmo e cos demáis:

E fixemos por equipas o noso propio botiquín que deixaremos na aula para aqueles momentos en que nos atopemos mal e necesitemos algunha destas menciñas.






Finalmente entre todos e todas decidimos que cantidade destas menciñas precisaríamos...