Hoxe tamèn tivemos a sorte de que mestres do conservatorio de música de Viveiro nos ensinaran os instrumentos musicáis e como se agrupan. Quen sabe, igual aquí temos um futuro músico!
Páginas
viernes, 30 de mayo de 2025
VISITA AO CONSERVATORIO DE MÚSICA DE VIVEIRO
Hoxe tamèn tivemos a sorte de que mestres do conservatorio de música de Viveiro nos ensinaran os instrumentos musicáis e como se agrupan. Quen sabe, igual aquí temos um futuro músico!
AQUÍ TAMÈN SE FALA
Hoxe fomos polo casco histórico de Viveiro e aproveitamos para entregar nos comercios colaboradores a bosa pegatina " Aquí tamèn se fala" para promover o uso do galego na vila.
CANTAREIRAS
O pasado martes dentro do proxecto levado a cabo polo centro "Donas de si" tivemos o placer de desfrutar co autor e a ilustradora do libro e "Cantareiras" e coa voz e música de Tania.
jueves, 29 de mayo de 2025
AVALIACIÓN PROXECTO ETWINNING FAMILIAS
Agora chegou o voso turno familias para deixar a vosa opinión sobre o proxecto Etwinning " Protecting animals". A semana que ven poderemos dar por finalizada a derradeira actividade e teremos a última videoconferencia cosmcentros asociados.
Pincha AQUÍ
martes, 27 de mayo de 2025
SELO DE CALIDADE ETWINNING
A EEI San Roque ven de recibir o Selo de Calidade Etwinning, un recoñecemento ao noso traballo e labor no desenvolvemento de traballos conxuntos con outras escolas de Europa.
E isto tamèn è gracias a vós familias, pola vosa colaboración constante!
lunes, 26 de mayo de 2025
AVALIACIÓN PROXECTO ETWINNING POR PARTE DO ALUMNADO
Chegamos ao final do proxecto Etwinning "Protecting animals" e queremos coñecer a opinión dos vosos peques sobre o mesmo. Necesitarán da cosa axuda para cubrir a seguinte enquisa:
jueves, 22 de mayo de 2025
PROXECTO ETWINNING: RECONOCIMIENTO DE EMOCIONES POSITIVAS
Este libro , aunda que algo complexo para os nosos pequenos e pequenas, trata de ensinarnos o valor de quererse a un mesmo, de buscar aquelo que nos define e nos fai únicos,tratando de loitar cos cos condicionamentos que nos impón a sociedade.
Para traballar esta temática suxiro que dialoguedes con eles tratando de chegar a aquelo que os fai únic@s e especiáis. Despois simplemente os adultos escribide de que se trata.
Vos recomendo que gardedes todos estes traballosne reflexións para un futuro xa que vos poden ser útiles.
Por certo, revisade tamèn a publicación do 14 de maio que tiven un erro á hora de crera a entrada.
Moitas gracias familias!!
lunes, 19 de mayo de 2025
ESCOITAMOS COMO LES
Hoxe contamos con Ana, a nai de Roi e Eire, coa que puidemos disfrutar da lectura de dous dos libros de bibliolibrín. Moitas grazas Ana!!
viernes, 16 de mayo de 2025
MANCHANDO AS MANS
GALICIA SABE AMAR
Este proxecto promovido pola Xunta trata de achegar aos máis pequenos e pequenas os sabores dos alimentos marinos con presentacións máis que apetecibles. Hoxe tocounos mariñeira con patè de mexilón e mexilón escabechado e unha croqueta para chupar os dedos.
miércoles, 14 de mayo de 2025
PROXECTO ETWINNING. TEMA: DESCUBRIMIENTO DE LA VALENTÍA:
Despois da lectura deste conto, en inglès e en castelán estivemos a conversar sobre aquelas cousas que lles costa máis facer ou que cren non dominan, alentándoos a facelas por si mesmos sen medo a errar, unha gran frase é "Si queres podes" e que neste conto vemos reflexado. Tamén aproveitamos para tirar o dado e practicar variedades de baile...
martes, 13 de mayo de 2025
LETRAS GALEGAS
Este ano as letras galegas adícanse ás cantareiras, de onte e de hoxe, que divulgan o amor pola nosa lingua e tradicións coas suas cantigas. Contamos co grupo " Os do 21" e cantamos con eles Ven bailar Carmiña, O galo canta ou Catro vellos mariñeiros.
jueves, 8 de mayo de 2025
CUESTIONARIO
A continuación deíxovos o enlace para que votedes e elixades o conto co que traballaremos todos os coles participantes no proxecto etwinning: Protecting animals, construindo unha nova historia coas suas imaxes. Tedes ata o domingo inclusive. Grazas por participar!!
martes, 6 de mayo de 2025
PROXECTO ETWINNING: JOURNEY FROM BOOK TO US
Segunda temàtica a traballar: O amor incondicional.
Con este conto traballamos a importancia e necesidade de transmitir os nosos sentimentos e das diferentes formas de amosar afecto hacia os demáis. Despois da.lectura, primeiro ticemos que pensar nunha palabra bonita que dicirlle ao compañeiro do lado, custounos un pouquiño!! Despois tivemos que facelo sen palabras, e resultou todo un èxito!
Na casa, pensade nunha palabra bonita ou de cariño para compartir cos demàis, escribídea e decorádea e despois poñerémolas todas xuntas nun recantiño da clase!! Recordade enviar foto da actividade en familia, tanto desta proposta coma da.proposta anterior! Moitas grazas