"A infancia ten a súas propias maneiras de ver, pensar e sentir; nada hai máis insensato que pretender sustituilas polas nosas". Jean Jacques Rousseau (1712-1778) Pedagogo francés.
Agora chegou o voso turno familias para deixar a vosa opinión sobre o proxecto Etwinning " Protecting animals". A semana que ven poderemos dar por finalizada a derradeira actividade e teremos a última videoconferencia cosmcentros asociados.
A EEI San Roque ven de recibir o Selo de Calidade Etwinning, un recoñecemento ao noso traballo e labor no desenvolvemento de traballos conxuntos con outras escolas de Europa.
E isto tamèn è gracias a vós familias, pola vosa colaboración constante!
Chegamos ao final do proxecto Etwinning "Protecting animals" e queremos coñecer a opinión dos vosos peques sobre o mesmo. Necesitarán da cosa axuda para cubrir a seguinte enquisa:
Este libro , aunda que algo complexo para os nosos pequenos e pequenas, trata de ensinarnos o valor de quererse a un mesmo, de buscar aquelo que nos define e nos fai únicos,tratando de loitar cos cos condicionamentos que nos impón a sociedade.
Para traballar esta temática suxiro que dialoguedes con eles tratando de chegar a aquelo que os fai únic@s e especiáis. Despois simplemente os adultos escribide de que se trata.
Vos recomendo que gardedes todos estes traballosne reflexións para un futuro xa que vos poden ser útiles.
Por certo, revisade tamèn a publicación do 14 de maio que tiven un erro á hora de crera a entrada.
Este proxecto promovido pola Xunta trata de achegar aos máis pequenos e pequenas os sabores dos alimentos marinos con presentacións máis que apetecibles. Hoxe tocounos mariñeira con patè de mexilón e mexilón escabechado e unha croqueta para chupar os dedos.
Despois da lectura deste conto, en inglès e en castelán estivemos a conversar sobre aquelas cousas que lles costa máis facer ou que cren non dominan, alentándoos a facelas por si mesmos sen medo a errar, unha gran frase é "Si queres podes" e que neste conto vemos reflexado. Tamén aproveitamos para tirar o dado e practicar variedades de baile...
Vos propoñemos para traballar na casa o seguinte: conversade c@s vos@s peques sobre aquelo que aínda non son capaces de facer pero lles gustaría, por exemplo, anda na bici sin ruedíns, etc. Buscade unha imaxe en internet, libre de dereitos de autor ou con licencia Creative Commons e a palabra escrita ao lado.
Recórdovos que todas estas actividades son sempre voluntarias e agradezo de antemán toda a cosa colaboración.
Este ano as letras galegas adícanse ás cantareiras, de onte e de hoxe, que divulgan o amor pola nosa lingua e tradicións coas suas cantigas. Contamos co grupo " Os do 21" e cantamos con eles Ven bailar Carmiña, O galo canta ou Catro vellos mariñeiros.
A continuación deíxovos o enlace para que votedes e elixades o conto co que traballaremos todos os coles participantes no proxecto etwinning: Protecting animals, construindo unha nova historia coas suas imaxes. Tedes ata o domingo inclusive. Grazas por participar!!
Segunda temàtica a traballar: O amor incondicional.
Con este conto traballamos a importancia e necesidade de transmitir os nosos sentimentos e das diferentes formas de amosar afecto hacia os demáis. Despois da.lectura, primeiro ticemos que pensar nunha palabra bonita que dicirlle ao compañeiro do lado, custounos un pouquiño!! Despois tivemos que facelo sen palabras, e resultou todo un èxito!
Na casa, pensade nunha palabra bonita ou de cariño para compartir cos demàis, escribídea e decorádea e despois poñerémolas todas xuntas nun recantiño da clase!! Recordade enviar foto da actividade en familia, tanto desta proposta coma da.proposta anterior! Moitas grazas