No recuncho de lóxica matemática preparamos en Nadal un novo xogo. Por un lado temos que poñerlle as bolas (pompóns de cores) ao noso árbore de nadal (oveiras) e a continuación temos que replicar o feito na plantilla correspondente. Con este xogo ademáis de fomentar a creatividade estamos a traballar a pinza escribana e a psicomotricidade fina, así como a orientación espacial e oculo-manual e a atención.
Tamén usamos o seguinte xogo de madeira para traballar a serie numérica así como a cantidade que lle corresponde, a atención, a pinza escribana e a coordinación oculomanual. De maneira indirecta tamén se está a traballar o concepto da suma.
No hay comentarios:
Publicar un comentario