domingo, 22 de junio de 2025

ÚLTIMA SEMANA DE CURSO

 Esta última semana estivo chea de actividades! O luns fixemos a representación de "Dona Carme", para familias e compañeiros, unha maneira de ir perdendo o medo escénico...

O mércores, as mestras representaron " O dragón vermello".

O xoves tivemos xornada de xogos e festa rachada no parque da Misericordia.

E o venres despedimos o curso con Inma e un contacontos moi especial, merendola no patio, música con Manoel e Javi e o seu alumnado de extraescolares, graduación dos maiores do cole e baile de despedida.



No hay comentarios:

Publicar un comentario