Tamèn estamos a xogar co outono nos recantos:
Como punto de partida do proxecto "Como san,crezco san" estamos a repasar conceptos corporáis con contos, cancións, vídeos, xogos e como non podía ser menos, nos recantos de xogo.
XOGO SIMBÓLICO: O CENTRO DE SAÚDE
🆘 Precisamos si tedes por casa que traiades algunha radiografía, ou como lles dixen a eles/as, unha foto dos ósos 🩻.
Hoxe, despois de ler o conto que compartiu unha nena, "Nos tratamos bien", fixemos exactamente iso, por parellas, tratámonos de marabillas dándonos unha masaxe relaxante.
Cando as cousas se fan entre todes e as tarefas están repartidas o resultados sempre è mellor!
Cales son os ingredientes da felicidade?? Cada persoa ten os seus pero de seguro que moitos se parecen. Este conto deunos ideas de cales poden ser...