martes, 30 de noviembre de 2021

LO QUE CONSTRUIREMOS

 Hoxe tivemos a sorte de poder ler un dos libros compartidos polas familias "Lo que construiremos", unha fermosa historia onde se pon en valor a importancia da maternidade e da paternidade, onde o camiño é longo pero fermoso á vez, onde haberá tempo para os enfrentamentos pero tamén para o diálogo e onde o maior sustento desta inolvidable relación e interacciñon é o AMOR.



viernes, 26 de noviembre de 2021

25 DE NOVEMBRO-DÍA DA NON VIOLENCIA DE XÉNERO

 Onte conmemoramos na escola o día contra a violencia de xénero, coa lectura e visionado de contos sobre a temática, un pequeno debate sobre os mesmos, e a realización dun debuxo para avaliar a comprensión do mesmo. Ademáis fixeron uns corazón cunha frase moi axeitada da gran escritora Emilia Pardo Bazón:" Non hai homes nin mulleres, só existe a humanidade". Aínda que tod@s sabemos que a base está en coeducar día a día, familia e escola conxunta mente. Non hai mellor maneira de aprender qué co exemplo.








jueves, 25 de noviembre de 2021

ATOPOPADES AOS BECHIÑOS??

 Buscando, buscando a toparás unha Morea de bechos que con material de refugallo feitos estás Escribidme nos comentarios cales podedes ver:



miércoles, 24 de noviembre de 2021

20 de Novembro:día dos dereitos d@ nen@

 Librín deixounos unha entrada moi interesante no seu blog. Non esquezades visitalo!!!

E ademáis preparamos unha actividade en etwinning. Visitad as suas redes sociais e deixade os vosos comentarios!!


martes, 23 de noviembre de 2021

lunes, 22 de noviembre de 2021

SAÍDA POR VIVEIRO: PAISAXES EN PALABRAS " (PROXECTO TERRA)

 Deixámosvos aquí un anticipo da saída que fixemos o pasado venres para coñecer os monumentos máis representativos da nosa vila. Para elo preparámonos previamente e trazamos nun mapa o percorrido que íamos seguir así como os puntos importantes onde había que parar e a verdade que se orientaron moi moi ben. As miñas felicitacións!!!!





En vindeiros días subiremos más cousiñas para que poidades disfrutalas en familia!!

jueves, 18 de noviembre de 2021

HOXE NOS RECUNCHoS...




Hoxe creamos un feixe de cousas chulas nos recumchos e ata saiu o noso lado máis reivindicativo facendo unha bandeira moi especial



 

sábado, 13 de noviembre de 2021

EXPERIMENTO 4: OSMOSE DOS LIQUIDOS

 


Este experimento gustoulles moitísimo xa que o seu protagonista, o osiño de goma ten...como diría EU,  algo especial.

Preparamos 3 recipientes, un con auga doce, outro cun pouquiño de sal e por último un con moita sal, metimos un osiño de goma dentro de cada un e agardamos 24 horas e comprobamos que o primeiro osiño crece un montón, o segundo un pouqiño e o tercero prácticamente se mantuvo do mesmo tamaño. 

No seguinte vídeo atoparades unha explicación deste proceso:



jueves, 11 de noviembre de 2021

O FÍO INVISIBLE

 Hoxe, 11 de novembro, ademáis de sacar a bailar aos nosos PEÓNS ao patio rematamos de ler un conto máis que especial:




Proxecto Terra

O pasado martes comezamos Co proxecto Terra onde este curso imos a estudiar e coñecer a nosa Vila, Viveiro, afondando na sua xeografía e na sua historia e afondando nos espacios naturáis que a fan tan especial.

Así que como primeira actividade fixemos unha saída á oficina de turismo onde nos informaron sobre a importancia da mesma nas cidades así como tamén nos deron pinceladas sobre o noso pobo.

Tamén nos agasallaron con material que empregaremos para iniciarnos Nesta gran aventura da que esperemos disfrutedes.




11 DE NOVEMBRO: POLO SAN MARTIÑO PEÓNS AO CAMIÑO

 Tan sinxelo coma uns tapóns de plástico, rotuladores de cores e un escarvadentes para fabricar coas nosas propias mans o noso propio peón e facelo bailar o máis rápido que se poida!!!



miércoles, 10 de noviembre de 2021

Novos xogos Nos recantos

 Librín deixou os é prestados uns xogos para a aula, de cara a traballar as normas do xogo, respectar os turnos, traballo colaborativo, así como o DESENVOLVEMENTO da creatividade Co novo material da mesa de luz.







lunes, 8 de noviembre de 2021

COMEZA A SEMANA DO MAGOSTO

Recordamos o conto tradicional da Castañeira:

E  o conto "La castaña que reventó de risa":



E aquí deixamos algún xogo interactivo para pasalo requeteben:





E xa para rematar deixamos o enlace á canción que imos a aprender este Magosto

domingo, 7 de noviembre de 2021

EXPERIMENTO 2: COMPROBANDO A DENSIDADE DA AUGA

 Primeiro poñemos nun recipiente auga e introducimos un ovo:


Despois pouco a pouco imos engadindo sal...


E sorprendentemente observamos como o ovo comeza a flotar!!!

¿Por que ocurre este fenómeno??

Porque ao engadirlle sal á auga a densidade da mesma cambia. E que é a densidade?? é a cantidade de masa que hai nun determinado volume dun líquido. A masa é o material do que está feito o corpo e o volume é o espacio que ocupa o mesmo.



viernes, 5 de noviembre de 2021

A ARAÑA E MÁIS EU

 Onde está a araña? nos pés, nos nocellos ou será no cóbado?? escoita o conto e aprende como se din as distintas partes do noso corpo en galego e as froitas tamén!!



jueves, 4 de noviembre de 2021

NOVEMBRO, MES DA CIENCIA EN GALEGO

 Experimento 1: Cromatografía en papel


Neste experimento aproveitamos que estamos a traballar as bolboretas para observar como a cor se expande, é dicir, é un procedemento químico onde unha mistura se separa nos seus compoñente. Ten 2 fases, unha estacionaria, composta de materia sólida ou líquida, e dunha fase móbil, que pode ser un líquido ou un gas O ideal é facelo con papel de filtro por si queredes practicar na casa.




miércoles, 3 de noviembre de 2021

BECHOS: AS BOLBORETAS

 Comezamos semana e mes cun novo becho/insecto da horta o que investigar. Deixamos uns vídeos informativos para que tomedes nota. E na páxina de BECHOS do blog novos vídeos de Minúscule que teñen como protagonista a este animal para que botedes unha risas.