lunes, 24 de mayo de 2021

MAIO, MAIO ENTRA DE CREGO...

 O venres pasado celebramos os Maios, unha festa que nos gusta moito a todos e todas porque está chea de cores!!!Fixemos moitas actividades:

Pintamos no chan do patio con xices de cores:


Pintamos flores nas ventás:

E traballamos a letra da canción popular:







lunes, 17 de mayo de 2021

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS

 Xela e a fraga dos paxaros faladores e a fraga leopardicia...







TODOS MENOS UNO

 Deixámosvos este fermoso conto onde voltamos a traballar o respeto ás diferencias, como algo que nos complementa e nos enriquece.





E para recordar o lido, un xogo interactivo:


miércoles, 12 de mayo de 2021

EN PSICOMOTRICIDADE

 Fixemos un circuito moi orixinal, combinando actividades físicas con intelectuáis:



E traballamos os números cunha curiosa carreira de relevos por equipos:




martes, 11 de mayo de 2021

EXPERIEMNTAMOS COAS SOMBRAS

 Estamos a diferenciar entre obxectos que non deixan pasar a luz (opacos), aqueles que a deixan oasar totalmente (transparentes) e aqueles que deixan pasar un pouquiño (traslúcidos) experimentando a través dos raios do sol que atravesan as nosas fiestras e interpoñendo diversos obxectos.




lunes, 10 de mayo de 2021

PROXECTO EDUEMOCIONA: A ALEGRÍA COS XIRASOIS DE VAN GOGH

 


Coa chegada da primavera todo se enche de cor , sae o sol e nos sentimos máis alegres e felices. Cun pouqiños de acuarelas, papel de cores, pipas e moldes de magdalenas, quedáronnos estes cadros chan chulos.



jueves, 6 de mayo de 2021

BOLSIÑAS AROMÁTICAS

 Aproveitando que nos hortos urbanos nos agasallaron con flores eplantas aromáticas, deixamos secar algunha que outra flor, cortámolas e fixemos bolsas con olor para as nosas gabetas. Que be cheiran!!!!



miércoles, 5 de mayo de 2021

martes, 4 de mayo de 2021

REXISTRO METEOROLÓXICO

 Estamos a facer un rexistro meteorolóxico diario que cubrimos todos os venres para saber si está chovendo ou non e polo tanto si as nosas plantas precisan que as reguemos...






O LIBRO

 A semana pasada tamén , co gallo da celebraci´n do día do Libro o 23 de abril, os nenos e nenas tamén traballaron as partes dun Libro.




lunes, 3 de mayo de 2021

SOPRA NESTE FURADIÑO

 A pasada semana na clase de estimulación da linguaxe estivemos traballando con este conto ta divertido que nos ensina a discriminar o sopro.