domingo, 27 de diciembre de 2020

FESTA DE NADAL

 Antes das vacacións de Nadal despedimos o trimestre como se merece:

- Carmen contounos un conto moi especial que da moito que pensar: "Onde están as raíñas de Oriente??"

http://bibliotecalibrin.blogspot.com/2020/12/nun-nadal-especial-analizando-contos-e.html

- Cantamos e bailamos música de Nadal.

- E tivemos unha visita virtual moi especial: O Apalpador falounos dende as montañas do Courel!!!





miércoles, 23 de diciembre de 2020

INCLUIMOS AS VOGÁIS

 Puxemos a funcionar a nosa memoria e cos ollos tapados tentamos recoñecer as vogáis intentando lelas polo sistema braille.



martes, 22 de diciembre de 2020

lunes, 21 de diciembre de 2020

A FRAGA DO MEU AVÓ

A semana pasada tivemos a sorte de acudir a un concerto virtual de Mamá Cabrá onde escoitamos parte do seu álbum "A fraga do meu avó" e traballamos arredor da temática das fragas e dos bosques.




Se queredes ver máis non dubidedes en entrar no blog de Voz Natura, no seguinte enlace:

 https://voznaturanaeeisanroque.blogspot.com/2020/12/a-fraga-do-meu-avo.html


sábado, 19 de diciembre de 2020

COÑECEMOS O BRAILLE

 A profe Chus estanos a ensinar as vogáis en Braille, quen non se fixou nunca nos puntiños do ascensor?? Aproveitando a lectura e contacontos da Variña Máxica de Dulce quixemos darlle a coñecer aos peques e pecas como é a escritura en Braille.



viernes, 18 de diciembre de 2020

PREPARÁMONOS PARA O NADAL

  Estes días estivemos a decorar a aula con motivos navideños. Non hai nada que nos guste máis que a pintura e poder amosar as nosas destrezas artísticas que pintando nos cristáis.




martes, 15 de diciembre de 2020

ORIENTÁMONOS NUN LABIRINTO

 Seguemos a traballar na aula a forma de orientarnos así que hoxe voltamos a recordar os puntos cardinais e axudounos a chegar á meta cando nos perdemos nun laberinto!!!





lunes, 14 de diciembre de 2020

POR UN NADAL CHEO DE LUZ E DE COR

 Este ano quixemos dar a benvida ao Nadal e ao novo ano poñendo un pouco de luz e de cor no noso cole e plantamos flores de inverno.



sábado, 12 de diciembre de 2020

CREAMOS A NOSA PANXOLIÑA DE NADAL

 Esta semana estivemos a elaborar os instrumentos que nos van a acompañar na panxoliña de Nadal. Por un lado, unhas maracas feitas con contas de cores e axoúxeres, onde ademáis de traballar as cores pouxemos a proba a motricidade fina, e por outro lado outras maracas feitas cos ovos dos ovos sorpresa reutilizados e arroz.


Se queredes escoitar a Panxoliña pincha AQUÍ


A PRINCESA DO COUREL

Aproveitando estas datas navideñas e que todos e todas sabemos que o noso amigo o Apalpador habita por esas fragas tan fermosas e máxicas, a profe Chus leunos este conto tan divertido ara poñernos en materia. Desexamos que vos guste!!

viernes, 11 de diciembre de 2020

O BICO DE KLIMT

 Aproveitando que estivemos a traballar os diferentes tipos de familias xurdiu a idea de estudar este cadro "O bico" de Edvard Klimt, onde tentamos poñerlle un título así como verbalizar a emoción que nos transmitía ao velo.




jueves, 10 de diciembre de 2020

MODELAMOS CON PLASTELINA

 A estes nenos e nenas encántalles amasar e crear cousas novas con plastelina. Son verdadeiros artistas!!!



miércoles, 9 de diciembre de 2020

XOGAMOS AO TETRIS

 Nesta cole non deixamos de reinventar e como nos gusta crear con material de refugallo elaboramos 4 xogos de tetris xeniais para xogar no recuncho da lóxica-matemática. Só necesitamos oveiras grandes e témperas de cores, por si vos animades a facelo na casa.



martes, 8 de diciembre de 2020

O REINO DAS EMOCIÓN: O CASTELO DA BOA EDUCACIÓN

 Seguemos a traballar con Draco e Andreia a identificación das distintas emocións así como a xestión das mesmas. Regaláronnos a chave do seu castelo pero é unha chave moi especial porque só a poderán usar aqueles e aqueles que falen con respeto e educación.



lunes, 7 de diciembre de 2020

CREAMOS CON PEDRAS DE CORES

 Moitas veces co material máis sinxelo e sen gastar nada podemos poñer a funcionar a nosa imaxinación e crear cousas tan chulas como as que ides ver.



domingo, 6 de diciembre de 2020

ESCORNALABIRINTO

 A semana pasada na sesión de atención educativa aproveitamos para crear, por equipos, o noso propio labirinto e levar ao escornabot ata o final do mesmo!!!





sábado, 5 de diciembre de 2020

3 DE DECEMBRO-DÍA DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Este ano, ao participar o centro no Contrato Programa Inclúe-T, estamos a levar a cabo ao longo de todo o curso actividades en prol da normalización e inclusión das persoas con discapacidades. Aceptar as diferencias como algo que nos enriquece fai que construamos unha sociedade máis tolerante e mellor. 

Unha nai do cole preparou un contacontos moi especial, "Una varita mágica para Dulce", onde nos falan de todos os superpoderes que todos e todas podemos ter, todo depende cos ollos con que miremos.






viernes, 4 de diciembre de 2020

A RODA DAS VOGAIS

 Montado o escornabot puxémolo en funcionamento cun novo xogo onde tiñamos que asociar a forma da boca coa vogal correspondente e coa imaxe do seu signo en LSE.



jueves, 3 de diciembre de 2020

MONTAMOS O NOSO PROPIO ESCORNABOT

 Estes días tivemos a oportunidade de montar o noso propio escornabot, toda unha experiencia!!!



3 de decembro- DÍA DA DISCAPACIDADE

 Hoxe é o día da discapacidade e da xente con discapacidade e Librín quixo deixarnos no seu blog unha entrada moi especial, non deixedes de vela clican AQUÍ!!!! 


martes, 1 de diciembre de 2020

SONS GRAVES E SON AGUDOS

 Despois de ter traballado este concepto sobre o ton do son sobre a voz probamos con outros sons coñecidos!!