domingo, 31 de enero de 2021

viernes, 29 de enero de 2021

jueves, 28 de enero de 2021

PON AS MIÑAS GAFAS

 

A profe Chus leunos este conto tan chulo: Ponte mis gafas!!!




Deixámosvos este xogo para que pasedes un bo rato!!!


miércoles, 27 de enero de 2021

ESTAMPAMOS CON HORTALIZAS

 Aproveitando que estamos a traballar a alimentación, que mellor idea que crear uns cadros estampando con diferentes formas resultado de trocear algunha que outra froita e hortaliza: pementos, cenouras, patacas, rabanitas ou mazás...



martes, 26 de enero de 2021

O REI QUE BORDABA ESTRELAS


Despois de escoitar este conto tan fermoso...




 ...tivemos un longo debate sobre o mesmo e tratamos de entender e poñerlle palabras ao que cada un consireba para sí facer a Paz.



Agora toca amosar o que aprendíchedes facendo os seguintes xogos:


 

Librín tamén nos deixou cousiñas sobre este conto. Si queredes velas pincha AQUÍ.

 Tamén ensaiamos esta canción tan chula que compuxo a profe Genma e que acompañou con pictogramas a profe Chus:


E este poema  que acompañamos con signos:


lunes, 25 de enero de 2021

O BONEQUIÑO DE NEVE

 Xa que estamos na estación do inverno traballamos este poema:




E esta canción con pictogramas de Mamá Cabra:


Tamén fillemos unha manualidade que gustou moito:




domingo, 24 de enero de 2021

ÍMOS Á COMPRA!!!

 Creamos o recuncho do súper e agora podemos facer unha lista da compra e calcular o que nos custa!!!












sábado, 23 de enero de 2021

CONTACONTOS: QUE TAL, VEXETAL???

Coma estamos a traballar a alimentación atopamos este libro en Bibliolibrín onde os vexetáis deixan a relucir todas as suas emocións, e ti???



 

viernes, 22 de enero de 2021

DECORAMOS A NOSA ÁRBORE DE NADAL

 No recuncho de lóxica matemática preparamos en Nadal un novo xogo. Por un lado temos que poñerlle as bolas (pompóns de cores) ao noso árbore de nadal (oveiras) e a continuación temos que replicar o feito na plantilla correspondente. Con este xogo ademáis de fomentar a creatividade estamos a traballar a pinza escribana e a psicomotricidade fina, así como a orientación espacial e oculo-manual e a atención.




Tamén usamos o seguinte xogo de madeira para traballar a serie numérica así como a cantidade que lle corresponde, a atención, a pinza escribana e a coordinación oculomanual. De maneira indirecta tamén se está a traballar o concepto da suma.



jueves, 21 de enero de 2021

XOGAMOS COAS VOGÁIS

Con este xogo asociamos a forma gráfica das vogáos en maiúscula coa sua correspondente en minúscula.



Tamén facemos a sua grafía empregando estas bolsas de cores tan chulas: cores cálidas e cores frías.




E repasamos a sua escritura en braille.




miércoles, 20 de enero de 2021

XOGAMOS CON PAUCIÑOS DE CORES

 No recuncho da lóxica matemática xogamos cun xogo moi diveetido, que ademáis de favorecer a nosa atención visual traballa a orientación espacial.






martes, 19 de enero de 2021

BÚSQUEDA

 Buscamos nos foletos de publicidade do súper as distintas seccións do mesmo. In bo exercicio para traballar a atención, a comprensión verbal, os campos semánticos e a psicomotricidade fina á hora de pasar as páxinas.








CREAMOS CON VERDURAS

 Como estamos a estudiar a alimentación aproveitamos para coñecer a Arcimboldo.

E probamos a facer os seus cadros con verduras e hortalizas de verdade. Nada mellor que experimentar!!!



domingo, 17 de enero de 2021

DESPEDIDA

 O pasado venres tivemos que dedirlle adeus a Pedro, o noso mestre en prácticas, que levaba ao noso carón todo o primeiro trimestre e xa tivemos o pracer de estar con el o curso pasado. Así que sen máis darche as gracias e desexarche todo o mellor neste mundo do ensino e da educación, onde o camiño é longo, ás veces máis sinxelo , outras máis complexo pero sempre sempre moi satisfactorio. Ata sempre Pedro!!!





COMEZAMOS TRIMESTRE COMEZAMOS PROXECTO

 Enlazando co proxecto traballado no trimestre anterior, O Corpo, comezamos un novo proxecto onde a temática central será a alimentación. Podedes atopar algún xogo sobre a temática na lapela de xogos do blog.






sábado, 16 de enero de 2021

EN INGLÉS TRABALLAMOS AS EMOCIÓNS

O profe Pablo está a traballar cos nenos e nenas as emocións en lingua inglesa.






Se queredes traballar máis PINCHADE AQUÍ