Tedes ata o 20 de novembro para cubrilas. Recordade sacar unha foto sin que se vexa a cara directamente e mandarma por mail uxiaquintela@edu.xunta.es.
Etiquetas
- ACOLLIDA
- ALIMÉNTATE BEN
- ART-LAB
- ARTE
- ATENCIÓN
- AVALIACIÓN
- BECHIÑOS DA HORTA
- BIBLIOTECA
- BIBLIOTECA CREATIVA
- CARACOL POL
- CIENCIA
- COMO SAN
- CONMEMORACIÓNS
- CÓNTAME UN CONTO
- COVID-19
- CREZCO SAN
- DONAS DE SÍ
- EDUCACIÓN MUSICAL
- EDUEMOCIONA
- EDUSAÚDE
- EDUSOSTIBLE
- EMOCIONA-T
- ESQUEMA CORPORAL
- ESTIMULACIÓN SENSORIAL
- Etwinning
- FAMILIA
- HORTA
- IGUÁLA-T
- INCLÚE-T
- LECTOESCRITURA
- LINGUAXE
- LÓXICA-MATEMÁTICA
- MASCOTAS
- MINIMUNDOS
- MOTRICIDADE FINA
- NADAL
- NORMALIZACIÓN
- ORIENTACIÓN ESPACIAL
- PATAS PELUDAS
- PATIOS DINÁMICOS
- PLAN PROXECTA
- PLANEA
- POESÍA
- POLOS CREATIVOS
- PROXECTO TERRA
- PROXECTOS
- PSICOMOTRICIDADE
- RECUNCHOS
- RELAXACIÓN
- SAMAÍN
- SENTIDOS
- STEAM
- TICS
- VIVEIRO
- VOZ NATURA
- XERMOLIÑO
- XOGO
- XOGO SIMBÓLICO
miércoles, 4 de noviembre de 2026
ENQUISAS INICIÁIS PROXECTO ETWINNING
sábado, 24 de octubre de 2026
ESTE ANO O SAMÁÍN ESTÁ PASADO POR AUGA
Os monstruos mariños que estades a facer nas casas son realmente alucionantes, vai quedar unha expo do máis chula!! Agardamos vos guste!!
DÍA DAS ESCRITORAS E DAS BIBLIOTECAS
Esta semana conmemoramos o días das escritoras conncontacontos de escritoras galegas na biblioteca a cargo das mestras e colecimos o funcionamento da biblioteca municipal da que nos fixemos socios e puidemos levar emorestaso un conto que compartiremos conresto e leremos na aula. Tamén, cada un, rexiatrou o conto collido no ordenador da aula, coma se fosemos auténticos/as bibliotecarios/as.
PREPARANDO A ESCOLA PARA O SAMAÍN
De cara a desenvolver a creatividade dividimos a aula en catro estacións de traballo distintas, deixando en cada unha material e directrices diferentes para elaborar un monstruo horripilante. Ai longo destes días iremos rotando para que cada un faga os seus. Para a semana amosaremos como quedaron...a min estanme encantando!!
COMEZAMOS CO PROXECTO ETWINNING
Esta semana coñecimos ás mestras, escolas e alumnado cos que imos colaborar, e o máis soeprendente foi que coñrciamos as bandeiras dos cateo países!! A vindeira semana alguén nos vai vir visitar, quén será será?
martes, 6 de octubre de 2026
lunes, 5 de octubre de 2026
PINTURAS RUPESTRES
Hoxe voltamos recordar aos nosos ancestros e usamos pinturas feitas con elementos naturáis como o carbón ou a terra para pintar distintas figuras como as propias mans ou animáis.
domingo, 4 de octubre de 2026
PRIMEIRA SAÍDA POLO CASCO ANTIGO DE VIVEIRO
O venres pasado collimos os nosos rueiros e fomos á aventura en búsqueda dos distintos monumentos de Viveiro onde tivemos que superar varios retos...
jueves, 1 de octubre de 2026
ESPERTANDO O COÑECEMENTO CIENTÍFICO
Hoxe Paca tiña preparada unha nova caixa para nós. Desta volta contiña unha botella con auga, funís, vasos, unhas fotos , o signo e picto de repartir e un QR co son da auga da billa. As directrices foron como reparti a partes iguais a auga da botella nos 5 vasos...foron plantexandose hipóteses así como novas hipóteses e preguntas ante a aparición de novos problemas...resultoundo máis enriquecedor e divertido.
VIVARIUM: A HISTORIA DA NOSA VILA
Hoxe aprendimos un pouco máis somos as nosas orixes. Lanzamos a pregunta de si os monumentos de Viveiro estiveron sempre aí, si os tivo que construír alguén, si sempre houbo seres humanos na terra ou non, por que se asentaron aquí os primeiros humanos, por que lle puxeron a este lugar o nome de Viveiro...
CADERNO DE CAMPO
Onte fixemos un obradoiro para fabricar o noso propio caderno de campo que levaremos connosco nas saídas que fagamosn este curso...
martes, 29 de septiembre de 2026
MONUMENTOS
VISITAMOS A OFICINA DE TURISMO
Seguindo a ruta marcada no noso rueiro chegamos sen problema á oficina de turismo da vila, xa que ese era o lugar que nos indicou a pirata Paca, coa sua última pista. Alí fomos recibidos por María e Mariña que nos falaron do se se fai alí así como das cousas tan bonitas que podemos ver e vivir en Viveiro. Ademáis nos fixeron entrega dun mapas cos cales imos poder seguir investigando neste proyecto que estamos iniciando: Vivarium, a historia da nosa Vila.
domingo, 20 de septiembre de 2026
Proxecto Terra
Despois de adiviñar de onde é o mapa o seguinte reto de Paca é buscar en que lugar de Viveiro podemos atopar esta imaxen.
miércoles, 16 de septiembre de 2026
UNHA CAIXA CHEA DE...
E hoxe ,cando chegamos á aula tiñamos esta caixa agardando por nós...nela estaban agochados Paca,a Pirata, en compaña de Calisto, o burro, que nos traía un agasallo moi especial, un mapa!! Agora, a nosa misión consiste en averiguar a que lugar pertence ese mapa. Aínda que xa tivemos unha hipótese acertada, toca momento de contrastar...
UNHA CAIXA CHEA DE...
Comezamos o PDC de centro presentando unha caixa...
Pero desta volta a caixa viña baleira así que ideamos un xogo para buscarlle utilidade
Cos ollos tapados e desprazándose lentamente pola aula un dos nenos/as quedou oculto pola caixa e o resto ao despatar os ollos tiveron que adiciñar de quen se trataba, parece unha tarefa fácil pero crédeme cando vos digo que non o foi...
martes, 8 de septiembre de 2026
BENVIDA AO CURSO DE 6º DE E.I.
Queridas familias:
Quero agradecerlles a súa asistencia e participación na reunión de inicio de curso celebrada onte. Comezar este último ano da Educación Infantil sentindo o voso apoio e proximidade é o mellor punto de partida para garantir o benestar dos vosOS fillos e fillas.
Como comentamos, este curso é un ano precioso, cheo de retos, descubrimentos e maduración. É o peche dunha etapa máis vivencial e a ponte cara a Educación Primaria. O noso obxectivo común non debe ser acelerar os tempos nin meterlles presión, senón axudalos a medrar con seguridade, felicidade e autonomía.
Para que poidamos traballar en equipo desde o primeiro día, lémbrolles de xeito moi breve tres alicerces clave para o día a día:
Autonomía: Axudémoslles en casa a facerse responsables das súas cousas (abrigos, mochilas, calzado). Deixemos que o intenten sós; facer as cousas por eles hoxe e restarlles seguridade para o mañá.
Puntualidade: A xornada comeza na asemblea, un momento fundamental de linguaxe, rutinas e cohesión do grupo. A puntualidade axúdalles a entrar tranquilos e situados na aula-
Lectura sen présas: como se describe no díptico que entreguei onte. Esquecín comentar que este curso, no programa de lectura e familias, tentaremos abordar a temática do ensino da lectoescritura dende o seno familiar, xa que é unha temática que cremos que en xeral vos xera incertidumbre e presión.
Estou á vosa total disposición para acompañar aos vosos pequenos nesta viaxe tan especial. Grazas de novo por formar parte deste equipo:
Uxía Quintela Díaz
Titora de 6º de Infantil
domingo, 21 de junio de 2026
BO VERÁN FAMILIAS
Quero despedirme de todos bos e darvos a grazas por este curso, por prestarvos sempre a colaborar, por ser comprensivos, por traballar man a man buscando sempre o benestar dos vosos pequeniños e pequeniñas. Agora e tempo de descanso e disfrute para regresar en setembro con enerxías renovadas. Quería ter preparada unha actuación para final de curso para darlle o broche final os proxecros desenvolvidos este curso pero por dicersas circunstancias non nos deu a vida así que non descartamos preparalo para finais de setembro. Aí o deixo!! Pois iso, que pasedes un feliz verán!!
XOGOS DA MISERICORDIA
O último día de clase cada neno/a debuxou o seu xogo favorito do día anterior: a corda,.os rabos, o paracaídas e a carreira de sacos. Depois, cada un foi colocando o seu debuxo debaixo do grafema correspondente o primeiro son da palabra e finalmente fixemos a predición de cal fora o favorito da aula e o seu posterior conteo para comprobalo.
lunes, 15 de junio de 2026
ESCOITO COMO LES
A semana pasada contamos con Iria, a nai de Carmen que nos veu contar 2 contos chulisisimos, dos que agochan aprendizaxes moi importantes. Moitas grazas!!
jueves, 11 de junio de 2026
OLA!!!SON UN BICHO BÓLA!!
Último bechiño da horta!!
martes, 9 de junio de 2026
jueves, 4 de junio de 2026
BENVIDOS AO MUNDO MÁXICO DA LECRURA
Onte, a primeira hora da mañá pasou o seguinte...
...e pareceume un momento tan especial de tempo compartido c@s compañeir@s ao redor do mundo máxico dos contos que tiven que fotografalo!!
CARACOIS
Como estes días estamos a falar dos Caracois deíxovos para esta finde de semana unhas curtametras de animación da editorial OQO moi moi divertidas!!
miércoles, 3 de junio de 2026
lunes, 1 de junio de 2026
MAIOS
Para celebrar esta festa tradicional saímos cabtar á praza do pobo e decoramos a entrada do cole con flores de papel.
XOGANDO COAS LUCES E AS SOMBRAS
Traballar as luces e as sombras en educación infantil é fundamental porque estimula a capacidade de asombro e desenvolve en pensamento científico e abstracto. A través do xogo sensorial aprenden a comprender os fenómenos naturais e desenvolven habilidades clave para o seu crecemiento.



















































