martes, 19 de diciembre de 2023

TRABALLANDO A EMPATÌA

 Nestas datas onde os nenos e nenas son o noso foco de atención e eles e elas o saben, axudàmoslles a ìr saìndo desa etapa egocéntrica do desarrollo na que se atopan pedindo un agasallo para alguèn que queiran. Atención: unha boneca para os meus avós, un bebé de verdade para miña mamà...encantoume esta actividade!!



TRABALLON EN EQUIPO

 Hoxe axudàmonos uns aos outros à hora de facer decoracións de Nadal. Foi unha experiencia xenial, xa que se desencolveron perfectamemte despois de dar unhas pautas iniciàis e ademàis decatàronse que si uns axudaban aos outros era moito màis sinxelo e ràpido. Equipazo!!!Sodes xeniàis!!





lunes, 18 de diciembre de 2023

ESCOITO COMO LES: O CASCANOCES

 Hoxe foi a quenda de Luis e Raquel, o pai e a nai de Laura!! Que gusto poder desfrutar do son da frauta traveseira acompañando à preciosa voz da narradora, neste conto tan especial nestas datas. Moitas grazas!!




sábado, 16 de diciembre de 2023

DECORACIÓN CORCHO

 Este Nadal tamèn estamos a decorar os corchos dos corredores. Nós traballamos o rectàngulo e o cadrado, medindo 4 lados iguais nunnfolio,ve deseñamos a nosa propia caixa agasallo!!




MANDALAS

 En equipos de 6-7 nen@s estamos a crear mandalas con tapóns reciclados...que hai mellor que darlles unha segunda vida às cousas para coidar a nosa contorna!!



ADORNOS DE PLASTELINA

 Este Nadal estamos a sacar o noso lado màis artìstico e estamos a deseñarbuns adornos para a àrbore de Nadal ben chulos!!



POSTAL DE NADAL

 O xoves fomos levar a nosa postal de felicitación das festas ao buzón de correos màis cercano. Estudamos o logo de correos, o itinerario a seguir no Google Maps e tamèn que hai que incluìr no destinatario e remitente dunha carta, asì como a función dos selos...toda unha experiencia!!



lunes, 11 de diciembre de 2023

A Apalpadora

 Hoxe visitounos a Apalpadora, grazas à Deputación de Lugo coñecemos quen è e escoitamos e cantamos con ela!!



TRABALLO COOPERATIVO

 Hoxe plantexamos unha actividade por equipos, feitos de maneira aleatoria, despois de ver diferentes figuras representarivas do Nadal, cada equipo tivo que poñerse de acordo en que figura ian facer na sua postal navideña e despois acudarse entre sì para elaboralas. Foi unha actividade moi gratificante.


Só hai fotos do resultado d nal xa que tivemos moito traballo durante a elaboración!!

martes, 5 de diciembre de 2023

A NOSA APORTACIÓN PARA O MERCADILLO SOLIDARIO

 Tamèn estivemos a elaborar o adorno para levar ao mercadillo solidario do Domus Vi e recadar fondos.



MASA SENSORIAL

 Hoxe preparamos unha masa para elaborar adornos para a àrbore de Nadal, pero esta masa ten algo especial, ten cor e ten olor, un pouquiño de fariña de millo, bicarbonato e auga. Pasàmolo xenial.



domingo, 3 de diciembre de 2023

LOGO ETWINNING

 Pinchando AQUÍ podedes acceder directamente ao formulario para votar o logo favorito para o proxecto Etwinning. Só un voto por familia. 

Aproveito tamèn para animarvos a entrar no twinspace do proxecto, clicando no logo que se atopa na columna lateral dereita e introducindo as credenciais que vos entregamos aì atràs nunha pequena tarxetiña.

viernes, 1 de diciembre de 2023

AUTORRETRATO YAYOI KUSAMA

 Seguimos a traballar a obra desta gran sftista empregando distintas tècnicas. Estes dìas foi o turno do autorretrato.



2 de decembro: DÌA DA DISCAPACIDADE FUNCIONAL

 Esta semana tamèn foi de sensibilización, intentanfo entender o concepto de diversidade funcional, onde a capacidade de non depende directamente da persoa senón do servizo que lle brinda o que a rodea. Para elo, vimos varias curtametraxes, onde @s protanonistas tiñan,  ben a función aufitiva, visual ou motora afectada. Despois elaboramos a nosa parte dun mural colaborativo conxunto, pero fixèmolo dun xeito distinto, poñèndonos na pel destes protagonistas. A actividade resultou moi motivadora e fructífera.







NOVEMBRO:MES DA CIENCIA NAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

 Este mes estivemos coma rolos argallando experimentos varios para aprender e facerlles aos pequenos do cole. Hoxe, por fin, puxemos en valor o aprendido!!




ESCOITA COMO LES

 Hoxe foi o truno de Inès, a nai de Sara, que veu a contarnos 2 contos ben bonitos onde se pon en valor o coidado dos animàis, dos seres vivos e da natureza, e por outro lado o valor do respeto e a amizade, cun toque de humor. Moitas gracias!!



jueves, 30 de noviembre de 2023

ESCOITAMOS COMO LES

 Hoxe tivemos a sorte de contar con Lucìa, a nai de Clara, que nos contou 4 contos marabillosos e rimados onde os animàis son os protagonistas. Encantàronnos!!!



martes, 28 de noviembre de 2023

25 N: O chuvasqueiro de Aurora

 O nosos nenos e nenas estivemos a traballar este conto, aprendimos o texto e fixemos unha representación moi gratificante.





Tamèn estivemos a traballar o concepto de VIOLENCIA, a travès dun mural con cores fluor que despois vimos con luz negra e un audio de gondo que daba moito que pensar...



miércoles, 22 de noviembre de 2023

ESCOITA COMO LES

 Hoxe comezamos con esta actividade integrada no proxecto da biblioteca onde as familias colaboran coa escola vindo contarnos un conto. Pois non foi un senon dous contos, "Chibos chibóns" e "A àrbore da escola" a cargo de Vicky e Xabi, respectivamente, os pais de Pablo. Moitas, moitas gracias por este ratiño tan especial!!




NOVOS XOGOS INTERACTIVOS

 DE QUEN É ESTA BOCA???


QUE EMOCIÓN É?

viernes, 17 de noviembre de 2023

O punto e Yayoi Kusama

 A semana pasada estivemos a ver a diferencia entre as figuras planas e as figuras con volume, en concreto o cìrculo e a esfera (o planeta Terra è e plano??)...e aproveitando introducimos o punto como unha tècnica de pintado e quen mellor que a artista xaponesa Yayoi Kusama para velo.



MICRORREDE DA MARIÑA

 Preparando a actividade colaborativa...







sábado, 11 de noviembre de 2023

Sesión de psicomotricidade

 Nesta etapa educativa è esencial coordinar e desenvolvernos motrizmente, tanto a nivel groso como fino.



viernes, 10 de noviembre de 2023

DEBUXAMOS OS NOSOS MEDOS

 A primeira vìa para superar os nosos medos è facèndoos conscientes e falando deles.




RATIÑO, ESTÀS AÌ??

 Ratiño Pèrez, prepàrate ben porque na sula de Plumitas xa estamos a perder os nosos dentes de leite...tocoulle a quenda a Lara e decoramos unha caixiña para gardalo. Que ilusión!!


APRENDIZAXES PARA A VIDA

 De que serve aprender letras, números, cores se non aprendemos o bàsico e fundamendal???ou màis ben, quen di que non podemos aprender as cores, cantidade, orientación espacial...ao mesmo tempo que desenvolvemos aprendizaxes bàsicas para a vida??




viernes, 3 de noviembre de 2023

viernes, 27 de octubre de 2023

GRAZAS

 Só darvos as grazas pequech@s polos vosos agasallos e atencións!!



LIBRÌN ESTÁ DE ANIVERSARIO

 O pasado martes Librín cumpliu anos, cantos??ninguèn o sabe, è un segredo moi ben gardado. Parabèns Librìn por esta festa tan xenial!!





TEMPO DE CABAZAS, DE SAPOS, DE BRUXAS, DE CURUXAS, DE SAMAÍN

 


A nosa escola enfeitizada xa empeza a encherse de cabazas monstruosas, bruxas, vampiros!!que medo, medo me da!!
Gracias familias pola vosa colaboración!!

viernes, 20 de octubre de 2023

viernes, 13 de octubre de 2023

PINTURAS RUPESTRES

 Comezamos coa a andaina xunto a Paca e Calisto, coñecemos Viveiro,.partindo dos nosos ancestros e unhas pinturas màis que peculiares, as pinturas rupestres.







SEMANA FANTÀSTICA

Familia, hoxe comezamos con esta actividade tan agardada, "A semana fantàstica" onde @ alumn@ aon que lle toque serà @ protagonista ao longo da semana seguinte.