sábado, 31 de octubre de 2020

POESÍA E CORPO

 Esta semana tamén afondamos no proxecto do corpo e debuxamos a nosa cara a partir dun poema moi coñecido de Gloria Fuertes e para o cal nos acompañamos de pictogramas, xa que os debuxos nos axudan a comprender mellor o significado das letras e da linguaxe.




viernes, 30 de octubre de 2020

jueves, 29 de octubre de 2020

ADIVIÑA ADIVIÑANZA

 Hoxe atopábamonos creativos e creativas e puxémonos a debuxar. Xogades a un xogo??adiviñade quenes son???

u
UXÍA, DANNA E AS MASCOTAS

UN MONSTRUO

CAMUÑAS

A FAMILIA DE MARÍA

UXÍA

UXÍA E PEDRO


CHUS, PEDRO E UXÍA

EMOCIÓNS E MÚSICA: O MEDO

 Todos e todas sabemos canto nos pode transmitir unha canción ou música que nos gusta, que nos fai recordar tempos pasados, que nos incita a bailar e tamén que nos fai sentir. Aí vai unha recompilación de música que nos achega aínda máis a estas datas tan especiais: o Samaín



miércoles, 28 de octubre de 2020

PELOTAS DIVERTIDAS

 Esta semana cambiamos de xoguete e empregamos a pelota para exercitar os nosos corpos!!!



martes, 27 de octubre de 2020

FILIP@ VAI AO TRAUMATÓLOGO

 O noso convidado Filip@ sufriu algún que outro percance estes días e fracturou algún óso, así que despois de averiguar entre todos/as como se chamaba o médico dos ósos marchou para que o curaran.

Hoxe acordáronse moito del!!!



Tamén houbo pensamentos en Pol, o Caracol!!



lunes, 26 de octubre de 2020

OUTRO DE MEDO

 Continuamos cos contos de medo e hoxe eleximos CAMUÑAS, un bruxo ao que hai que cortarlle as uñas!!!



E aquí vai o resultado final:




viernes, 23 de octubre de 2020

24 DE OUTUBRO- DÍA DAS BIBLIOTECAS

 Esta semana estivemos a preparar un marcapáxinas moi especial para celebrar o cumple de Librín. Como xa sabemos moito de figuras xeométricas coloreamos picamos e despois coa axuda da pizarra dixital fixemos un Librín ven chulo!!!!


E despois sacaron a voar a sua imaxinación!!!






































jueves, 22 de octubre de 2020

DÍA DAS ESCRITORAS

 O pasado luns 19 conmemoramos no cole o día das escritoras, dándolle importancia a esta importante profesión onde a cualidade máis destacada é a imaxinación e a capaciddae de expresala con letras e palabras. A nai dun compañeiro que escribe poesía obsequiounos coa lectura dun fermoso conto sobre o ratiño Pérez.








miércoles, 21 de octubre de 2020

OS SENTIDOS

 Onte Filip@ troúxonos un agasallo moi especial!!!

UN XIRASOL!!!

Primeiro tivemos que empregar o sentido da vista para averiguar de que se trataba (uns dixeron tortilla, un cogmelo e outros unha flor):



Despois seguimos indagando e empregamos o noso olfacto (aquí xa tivemos máis acertos, cheriaba a pipas!!!):


 


Tamén utilizamos o sentido do tacto tocando as sementes e comprobamos que tiña forma de triángulo:




E para saír de dúbidas entregamos a cada neno e nena unha pipa de xirasol para que a través do sentido do gusto puideran degustalas:




Finalmente fixémonos preguntas de como podíamos facer xermolar unha pipa e como houbo varias propostas este foi o resultado, a ver que pasa!!!





Para saber como se xermolan as pipas mirade este vídeo:


E un fermoso conto:



POLO SAMAÍN CONTOS DE MEDO OUVÍN

 Ao longo destas 2 semanas e para ambientar estas datas que tanto nos gustan, imos contar una morea de contos terroríficos para que pasedes moito medo. Aí vai o primeiro:

  • A BRUXA REGAÑADENTES

 



martes, 20 de octubre de 2020

lunes, 19 de octubre de 2020

domingo, 18 de octubre de 2020

FELIP@ VEUNOS VISITAR

 Despois de estar toda a semana indagando a quen podía pertencer o óso, o pasado venres tivemos unha visita moi especial á par que escalofriante. Felip@, un esquelete moi especial veu buscar o seu óso perdido e a inagurar estas semanas terrorificas de Samaín que están por vir e que tanto nos gustan. Ademáis aproveitamos a ocasión para investigar sobre o noso corpo, vimos radiografías na PDI e aprendimos onde hai ósos e onde non no noso corpo. Felip@ quedará uns días con nós para axudarnos a dar resposta ás dúbidas que están a xurdir.