lunes, 20 de diciembre de 2021

viernes, 17 de diciembre de 2021

VIVARIUM:O NOME DA NOSA VILA

Despois de indagar na orixe dos nosos apellidos tamén nos animamos  buscar a do nome da nosa vila, Viveiro. Descubrimos qué procede do latín e que ben significa lugar rico en vexetación e en plantas ou ben lugar onde se crían PEIXES, é dicir, un lugar con moita vida. De Vivarium pasou a Vivario, Vivario e finalmente Viveiro.



jueves, 16 de diciembre de 2021

CLUB DE LECTURA VERDECONTOS

 Comenzamos Nesta nova andina inaugurando o club de lectura de Verdecontos, coa lectura de Capitán Verdeman. Contamos con pase VIP e todo.



miércoles, 15 de diciembre de 2021

martes, 14 de diciembre de 2021

CONTACONTOS IN STREAMING

 O pasado venres tivemos a sorte de poder contar vía streaming co alumnado de 1 de EP do Lois Tobio que nos contaron "Orellas de Bolboreta", un conto onde se traballa o valor do respecto ás diferencias así como de quererse e aceptarse a un mesmo/a.





lunes, 13 de diciembre de 2021

O ESCUDO DOS NOSOS APELIDOS

 E xa para rematar Co proxecto dos nosos nomes e enlazándoo Co proxecto Terra traballamos os nosos apellidos. Primeiro buscamos o escudo e o significado dos apellidos no ordenador, para irnos familiarizando pouquiño a pouco co seu funcionamiento e despois modelamolos con plastelina.




TICS

Seguimos a traballar coas Tics no recanto do ordenador, facendo xogos de Nadal no PC e postáis para os socios etwinning coa tablet. 






viernes, 10 de diciembre de 2021

O APALPADOR

 Preparamos unhas actividades online para os centros asociados do proxecto Etwinning "Kids of the world" que están subidas na plataforma twinspace na que vos recordo que podedes acceder co nome de usuario e contrasinal que vos enviei a cada un de vós.

Para acceder pinchade AQUÍ

Ademáis poderedes atopar máis xogo no apartado de dinamización lingüística da web do cole. Pincha AQUÍ

AGASALLOS DE NADAL

 Despois de ver as recomendacións de Nadal que nos fan os Avatares das profes na páxina principal da web da escola, as nosas petición son as seguintes:



jueves, 9 de diciembre de 2021

Paisaxe en Palabras: Viveiro en imaxes






a mesa de luz e con diapositivas que tiñamos guardadas fai moito moito tempo fumos descubriendo o que se ocultaban nelas, Viveiro en imaxes!! 
Aquí vos deixemos algúns xogos para que practiquedes. Tamén os podedes atopar na pestana de xogos interactivos:

 




martes, 7 de diciembre de 2021

TODOS TEMOS SUPERPODERES

 O pasado venres Librín preparounos 2 curtas moi especiais para ver no seu blog que convidan á reflexión. Despois de comprobar que tods temos superpoderes coma Lucía decidimos buscar o noso propio así como aquelo que se nos da mal.





viernes, 3 de diciembre de 2021

DÍA DA DIVERSIDADE FUNCIONAL


 O pasado luns, para conmemorar o día da diversidad e funcional que se celebra hoxe, a inigualable Charo Pita obsequiounos contándonos in streaming a sua última obra: A Carreira.




jueves, 2 de diciembre de 2021

Aparellos que coidan o noso planeta en todos os sentidos

 Hoxe to ou traballar por equipas e deseñamos, con material de refugallo, uns artiluxos que nos van a axudar a coidar do noso planeta Terra.







miércoles, 1 de diciembre de 2021

Arte e Bolboretas

 Estivemos a coñecer CADROS de pintores/as famosos/as, como Frida Kalho ou Salvador Dalí, onde as bolboretas son as protagonistas, e despois fixemos o noso propio cuadro con bolboretas.




martes, 30 de noviembre de 2021

LO QUE CONSTRUIREMOS

 Hoxe tivemos a sorte de poder ler un dos libros compartidos polas familias "Lo que construiremos", unha fermosa historia onde se pon en valor a importancia da maternidade e da paternidade, onde o camiño é longo pero fermoso á vez, onde haberá tempo para os enfrentamentos pero tamén para o diálogo e onde o maior sustento desta inolvidable relación e interacciñon é o AMOR.



viernes, 26 de noviembre de 2021

25 DE NOVEMBRO-DÍA DA NON VIOLENCIA DE XÉNERO

 Onte conmemoramos na escola o día contra a violencia de xénero, coa lectura e visionado de contos sobre a temática, un pequeno debate sobre os mesmos, e a realización dun debuxo para avaliar a comprensión do mesmo. Ademáis fixeron uns corazón cunha frase moi axeitada da gran escritora Emilia Pardo Bazón:" Non hai homes nin mulleres, só existe a humanidade". Aínda que tod@s sabemos que a base está en coeducar día a día, familia e escola conxunta mente. Non hai mellor maneira de aprender qué co exemplo.








jueves, 25 de noviembre de 2021

ATOPOPADES AOS BECHIÑOS??

 Buscando, buscando a toparás unha Morea de bechos que con material de refugallo feitos estás Escribidme nos comentarios cales podedes ver:



miércoles, 24 de noviembre de 2021

20 de Novembro:día dos dereitos d@ nen@

 Librín deixounos unha entrada moi interesante no seu blog. Non esquezades visitalo!!!

E ademáis preparamos unha actividade en etwinning. Visitad as suas redes sociais e deixade os vosos comentarios!!


martes, 23 de noviembre de 2021

lunes, 22 de noviembre de 2021

SAÍDA POR VIVEIRO: PAISAXES EN PALABRAS " (PROXECTO TERRA)

 Deixámosvos aquí un anticipo da saída que fixemos o pasado venres para coñecer os monumentos máis representativos da nosa vila. Para elo preparámonos previamente e trazamos nun mapa o percorrido que íamos seguir así como os puntos importantes onde había que parar e a verdade que se orientaron moi moi ben. As miñas felicitacións!!!!





En vindeiros días subiremos más cousiñas para que poidades disfrutalas en familia!!

jueves, 18 de noviembre de 2021

HOXE NOS RECUNCHoS...




Hoxe creamos un feixe de cousas chulas nos recumchos e ata saiu o noso lado máis reivindicativo facendo unha bandeira moi especial



 

sábado, 13 de noviembre de 2021

EXPERIMENTO 4: OSMOSE DOS LIQUIDOS

 


Este experimento gustoulles moitísimo xa que o seu protagonista, o osiño de goma ten...como diría EU,  algo especial.

Preparamos 3 recipientes, un con auga doce, outro cun pouquiño de sal e por último un con moita sal, metimos un osiño de goma dentro de cada un e agardamos 24 horas e comprobamos que o primeiro osiño crece un montón, o segundo un pouqiño e o tercero prácticamente se mantuvo do mesmo tamaño. 

No seguinte vídeo atoparades unha explicación deste proceso:



jueves, 11 de noviembre de 2021

O FÍO INVISIBLE

 Hoxe, 11 de novembro, ademáis de sacar a bailar aos nosos PEÓNS ao patio rematamos de ler un conto máis que especial:




Proxecto Terra

O pasado martes comezamos Co proxecto Terra onde este curso imos a estudiar e coñecer a nosa Vila, Viveiro, afondando na sua xeografía e na sua historia e afondando nos espacios naturáis que a fan tan especial.

Así que como primeira actividade fixemos unha saída á oficina de turismo onde nos informaron sobre a importancia da mesma nas cidades así como tamén nos deron pinceladas sobre o noso pobo.

Tamén nos agasallaron con material que empregaremos para iniciarnos Nesta gran aventura da que esperemos disfrutedes.




11 DE NOVEMBRO: POLO SAN MARTIÑO PEÓNS AO CAMIÑO

 Tan sinxelo coma uns tapóns de plástico, rotuladores de cores e un escarvadentes para fabricar coas nosas propias mans o noso propio peón e facelo bailar o máis rápido que se poida!!!



miércoles, 10 de noviembre de 2021

Novos xogos Nos recantos

 Librín deixou os é prestados uns xogos para a aula, de cara a traballar as normas do xogo, respectar os turnos, traballo colaborativo, así como o DESENVOLVEMENTO da creatividade Co novo material da mesa de luz.







lunes, 8 de noviembre de 2021

COMEZA A SEMANA DO MAGOSTO

Recordamos o conto tradicional da Castañeira:

E  o conto "La castaña que reventó de risa":



E aquí deixamos algún xogo interactivo para pasalo requeteben:





E xa para rematar deixamos o enlace á canción que imos a aprender este Magosto

domingo, 7 de noviembre de 2021

EXPERIMENTO 2: COMPROBANDO A DENSIDADE DA AUGA

 Primeiro poñemos nun recipiente auga e introducimos un ovo:


Despois pouco a pouco imos engadindo sal...


E sorprendentemente observamos como o ovo comeza a flotar!!!

¿Por que ocurre este fenómeno??

Porque ao engadirlle sal á auga a densidade da mesma cambia. E que é a densidade?? é a cantidade de masa que hai nun determinado volume dun líquido. A masa é o material do que está feito o corpo e o volume é o espacio que ocupa o mesmo.



viernes, 5 de noviembre de 2021

A ARAÑA E MÁIS EU

 Onde está a araña? nos pés, nos nocellos ou será no cóbado?? escoita o conto e aprende como se din as distintas partes do noso corpo en galego e as froitas tamén!!



jueves, 4 de noviembre de 2021

NOVEMBRO, MES DA CIENCIA EN GALEGO

 Experimento 1: Cromatografía en papel


Neste experimento aproveitamos que estamos a traballar as bolboretas para observar como a cor se expande, é dicir, é un procedemento químico onde unha mistura se separa nos seus compoñente. Ten 2 fases, unha estacionaria, composta de materia sólida ou líquida, e dunha fase móbil, que pode ser un líquido ou un gas O ideal é facelo con papel de filtro por si queredes practicar na casa.




miércoles, 3 de noviembre de 2021

BECHOS: AS BOLBORETAS

 Comezamos semana e mes cun novo becho/insecto da horta o que investigar. Deixamos uns vídeos informativos para que tomedes nota. E na páxina de BECHOS do blog novos vídeos de Minúscule que teñen como protagonista a este animal para que botedes unha risas.








domingo, 31 de octubre de 2021

FELIZ SAMAÍN!!!

 O pasado venres estivemos mortos de medo celebrando o Samaín. Cantamos, bailamos, xogamos...e fixemos unhas teas de arña para decorar a nosa aula.

Tamén vimos o diveetido que quedou o noso conto das ARAÑAS, e decidimos agasallarllo a Librín para que todos os nenos e nenas o poidan ver:



Limos este conto tan chulo que compartiu con nós a familia Candia Alonso "Daniela Pirata y la bruja Sofronisa", onde se traballan valores tan importantes como o traballo en equipo, a amizade, as decisións democráticas, saber escoitar, a comprensión así como as segundas oportunidades:


E para que vos divirtades en familia nesta fin de semana pasada por agua, deíxovos 2 xogos, un sobre o conto e outro de adiviñas que vós gustan tanto...FELIZ SAMAÍN que noutros sitios lle chaman HALLOWEEN!!!