viernes, 13 de marzo de 2026

REDES SOCIÁIS PROXECTO ETWINNING EARTH KEERPERS

 No seguinte documento podedes atopas os enlaces das redes sociáis do procecto onde estamos a compartir a meirande parte das actividades que estamos a levar a cabo!!



ESCULTURAS DE PAPEL

 E aproveitamos a saída de onte para poñer ao alumnado a crear, desta volta,vesculturas de papel, onde tiveronnque recortar tiras de distintas cores e crear con volume. Encantoulles!




VISITA Á FÁBRICA DE CERÁMICA SARGADELOS

 Onte desfrutamos dun magnífico día en Cervo onde puidemos ver a exposición e facer o percorrido pola fábrica vendo os distintos pasos de elaboración dunha peza.



ESCOITAMOS COMO LES

 Esta semana contamos con Alicia, a nai de Lola que compartiu con nós un libro que fala do poder da imaxinación para conseguir o que un soña ou desexa...entre todos démoslle ideas ao protagonista para a sua próxima función e decidimos crear un espectáculo con area. Asì que próximo obxectivo: crear area de distintas cores!!





sábado, 7 de marzo de 2026

OBRADOIRO ETWINNING EN FAMILIA

 

O vindeiro mércores 18 de marzo, ás 17, estades convidados a elaborar en familia un EcoLino con material de refugallo!!A actividade será desenvolvida de maneira online por compañeiras do proxecto, así que a través dun vindeiro enlace poderedes conectarvos dende onde queirades. Non obstante, queremos brindarvos a posibilidade de, quenes queirades, podades vir a aula e conectarnos todos xuntos dende a nosa pizarra. Deixo a continuación o material que precisaredes:



8 M

 O pasado venres para conmemorar o 8 M, Día da Muller traballadora, contamos no cole cun dúo músical moi especial e ..." Como cambia o conto!!":




ARCIMBOLDO

Dentro do ensino globalizado que se debería de levar a xcabo en infantil, gústanos enlazar todos os contidos. Así, continuando co proxecto dos alimentos e da horta quixemos brindar unha homenaxe a este gran artista, Giuseppe Arcimboldo, que aproveitaba a sus maneira tan particular de pintar para deixarnos mensaxes secretas...



Deíxovos a continuación un par de xogos interactivos para días de chuvia...

NOVOS PROXECTOS ETWINNING

 Familias, embarcámonos en dous proxectos etwinning máis de cara a este último trimestre. En ambos colaboramos con compañeiras e alumnado turcos e traballaremos esencialmente habilidades básicas para a vida.

O primeiro chámase "Skilled Hands Accomplish Things":



E o segundo "S.M.A.R.T. Kids For Life":