E tamén introducimos algún xogo novo nos recantos...
.
E tamén introducimos algún xogo novo nos recantos...
.
O vimdeiro 2 de abril celébrase o día mundial do autismo e de cara a concienciar sobre a diversiade deste alumnado en particular e do alumnado en xeral, vimos duas curtametraxes de animación, debatemos sobre o tema e coloreamos o logo distintivo das persoas autistas, o símbolo do infinito de moitas cores. Despois fixemos unha cadea cos mesmos na entrada da escola, simbolizando a nosa unión.
Celebramos con teacher Mariana a "Happy Easter" , creando ovos de pascua que despois tivemos que atopar pola aula e sorpresa!! Non eran os nosos!
Tamén lle demos a nosa especial benvida á nova estación creando flores para decorar as nosas ventás. Chulísimas!!
Esta semana fixemos a nosa particular festa das tortillas indo á nosa aula na natureza, nas Nogueiras. Fixo un día perfecto, cheo de xogos, exploracións e bo tempo!
Deixo aquí o enlace para que elixades logo para o novo proxecto Etwinning. Ten que estar cuberto ao finalizar o día. Grazas por participar!
Pincha AQUÍ
Deixo o enlace para o obradoiro desta tarde para aquelas familias que desexedes participar dende as vosas casas.
https://minedu-primary2.webex.com/meet/akokorou
No seguinte documento podedes atopas os enlaces das redes sociáis do procecto onde estamos a compartir a meirande parte das actividades que estamos a levar a cabo!!
E aproveitamos a saída de onte para poñer ao alumnado a crear, desta volta,vesculturas de papel, onde tiveronnque recortar tiras de distintas cores e crear con volume. Encantoulles!
Onte desfrutamos dun magnífico día en Cervo onde puidemos ver a exposición e facer o percorrido pola fábrica vendo os distintos pasos de elaboración dunha peza.
Esta semana contamos con Alicia, a nai de Lola que compartiu con nós un libro que fala do poder da imaxinación para conseguir o que un soña ou desexa...entre todos démoslle ideas ao protagonista para a sua próxima función e decidimos crear un espectáculo con area. Asì que próximo obxectivo: crear area de distintas cores!!
O pasado venres para conmemorar o 8 M, Día da Muller traballadora, contamos no cole cun dúo músical moi especial e ..." Como cambia o conto!!":
Familias, embarcámonos en dous proxectos etwinning máis de cara a este último trimestre. En ambos colaboramos con compañeiras e alumnado turcos e traballaremos esencialmente habilidades básicas para a vida.
O primeiro chámase "Skilled Hands Accomplish Things":