Nos xogos por recantos tratamos de propoñer sempre xogos e retos que estén relacionados co centro de interese que estemos traballando en cada momento. Esta semana na mesa de luz tocou colocar correctamente no espazo os diferentes bechiños.
Tedes ata o vindeiro mércores 29 para presentarnos os vosos xoguetes ideados en familia!! Recordade que estas actividades son voluntarias e o que buscamos e dar ideas para pasar tempo en familia e que teña unha repercusión pedagóxica, reforzando os contidos traballados na escola.
E por fin puidemos ver xomo lles crecía o pelo aos nosos bonecos. Tamén lle demos renda solta ás nosas dotes de perruqueirxs...agora só tedes que seguir dándolles os cuidados necesarios para que o pelo siga crecendo!!
Aproveitando a ausencia de chuvia fixemos un xogo colaborativo por equipos, onde cada equipo tiña que atopar unha serie de obxectos e letras agochados polo patio, contar cantos tilas de cada un e sumalos, e coas letras compoñer unha palabra relacionada cos obxectos atopados. Para finalizar, tiveron que inventar unha historia tendo eses wlementos como fío condutor. Anotación: gústanlles as historias de terror...aí o deixo.
O venres acompañáronnos do centro de Alzheimer de Viveiro para falarnos un pouquiño desta enfermidade a través de dous contos marabillosos. Moitas gracias Rocío!!
O mércores, e para conmemorar tamén o día do libro, 23 de abril, contamos no centro con Electra, que nos contou un conto mooientretido, " A casiña das letras".
Esta semana tamén contamos cunha profesional da UDC que nos preparou un obradoiro moi dinámico e instructivo sobre como facer a compra máis saudable e respectuosa co medio ambiente.
Seguimos a preparar o noso mural para facer a Gran Cubrición, dentro da Rede Planea, esta vez fixémolo toda escola ao mesmo tempo, coma un gran equipo para conmemorar o día internacional do libro!
A que non sabiades que as xoaniñas son un tipo de escaravello e a as hai de moitas cores diferentes ou que non todas teñen puntos negros, ou que son o mellor aliado das hortas?? Esta semana traballamos a partir do conto "La mariquita gruñona" este incrible insecto e despois fixemos unha ficha de simetría nada fácil que souneron resolveroi ben!!
Que tipo de animal son os vagalumes?? Por que teñen luz? Para que lles serve?? Investigamos un un pouquiño máis sobre este chamativo bicho:
Deixo a continuación o enlace para que votedes o voso logo favorito:
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfZbABHwPWUX4WJPD9Nav9kRbQfQPUrf4qKwM2jjFWWKnU-BA/viewform
Tamén pedimos a vosa colaboración para participar en:
A proposta é que fagades na casa cxs vosxs fillxs un "xoguete" con materila de refugallo e que o traian á escola para ensinarllo xs compañeirxs e explicarnos como fixeron. Na biblioteca da escola temos bibliografía que vos pode dar algunha idea. Animádecos a participar. Moitas gracias!! Xa vos confirmarei a data límite!
O pasado venres desfrutamos do lindo coas nosas familias e a asociación de xogo tradicional Xotramu. Unha mameira divertida de colecer os xogos de antes e os seus nomes, todo un exemplo de inxenio e respeto co medio ambiente.
Para conmemorar o día da poesía e axudar aos.maiores coa " Gran cubrición", lemos un poema de Gloria Fuertes e a partir do.mesmo debuxamos en papel contínuo.
Achegámonos á recta final deste proxecto e este mes celebraremos por todo o grande o Día da Terra (22 de abril).
Está é a actividade que nos tocou a nós e xa emoezamos a ser máis conscientes do consumo de electricidade...Podedes ver un resumo das actividades que realizamos comxuntamente todo o alumnado do da escola na páxina de Instagram.
Neste proxecto estamos a traballar diferentes habiliades relacionados coa autonomía e o coodado persoal como por exemplo: abotoado e desabotoado, darlle a volta ás mangas, poñer e quitar zapatos, lavado de dentes e mans, limprae despois de ir ao baño, colgar e doblar a roupa, poñer a mesa, limpiar a mesa, lavar a louza ou axudar no cociñado...vos pedimos que reforcedes o máximo posible estas aprendizaxes na casa, as fines de semana, que sempre hai algo máis de tempoe que si podedes nos mandedes algunha foto do neno ou nena facendo a actividade. Moitas grazas pola vosa colaboración.
Comezamos trimestre e continuamos co proxecto anual sobre a alimentación, a horta e agora é a quenda dos bechiños que habitan nela. E para comezar lanzámoslles a seguinte pregunta: é o mesmo un becho que un insecto??? Xa recompilamos unha chea de bibliografía sobre o tema e a semana que ven comezaremos coa investigación...iremos publicando no blog distintos materiáis interesantes para reforzar contidos traballados na aula e na pestaniña de arriba de todo onde pon BECHOS poderedes atopar unhas curtas de animación xeniáis tituladas Minuscule, onde os protagonista son toda clase de bechos. Agardo que cos gusten.