Queridas familias:
Quero agradecerlles a súa asistencia e participación na reunión de inicio de curso celebrada onte. Comezar este último ano da Educación Infantil sentindo o voso apoio e proximidade é o mellor punto de partida para garantir o benestar dos vosOS fillos e fillas.
Como comentamos, este curso é un ano precioso, cheo de retos, descubrimentos e maduración. É o peche dunha etapa máis vivencial e a ponte cara a Educación Primaria. O noso obxectivo común non debe ser acelerar os tempos nin meterlles presión, senón axudalos a medrar con seguridade, felicidade e autonomía.
Para que poidamos traballar en equipo desde o primeiro día, lémbrolles de xeito moi breve tres alicerces clave para o día a día:
Autonomía: Axudémoslles en casa a facerse responsables das súas cousas (abrigos, mochilas, calzado). Deixemos que o intenten sós; facer as cousas por eles hoxe e restarlles seguridade para o mañá.
Puntualidade: A xornada comeza na asemblea, un momento fundamental de linguaxe, rutinas e cohesión do grupo. A puntualidade axúdalles a entrar tranquilos e situados na aula-
Lectura sen présas: como se describe no díptico que entreguei onte. Esquecín comentar que este curso, no programa de lectura e familias, tentaremos abordar a temática do ensino da lectoescritura dende o seno familiar, xa que é unha temática que cremos que en xeral vos xera incertidumbre e presión.
Estou á vosa total disposición para acompañar aos vosos pequenos nesta viaxe tan especial. Grazas de novo por formar parte deste equipo:
Uxía Quintela Díaz
Titora de 6º de Infantil














