domingo, 17 de enero de 2021

DESPEDIDA

 O pasado venres tivemos que dedirlle adeus a Pedro, o noso mestre en prácticas, que levaba ao noso carón todo o primeiro trimestre e xa tivemos o pracer de estar con el o curso pasado. Así que sen máis darche as gracias e desexarche todo o mellor neste mundo do ensino e da educación, onde o camiño é longo, ás veces máis sinxelo , outras máis complexo pero sempre sempre moi satisfactorio. Ata sempre Pedro!!!





COMEZAMOS TRIMESTRE COMEZAMOS PROXECTO

 Enlazando co proxecto traballado no trimestre anterior, O Corpo, comezamos un novo proxecto onde a temática central será a alimentación. Podedes atopar algún xogo sobre a temática na lapela de xogos do blog.






sábado, 16 de enero de 2021

EN INGLÉS TRABALLAMOS AS EMOCIÓNS

O profe Pablo está a traballar cos nenos e nenas as emocións en lingua inglesa.






Se queredes traballar máis PINCHADE AQUÍ

jueves, 14 de enero de 2021

AGASALLOS DE NADAL CONTINUACIÓN

 Mamá Cabra, tras traballar sobre o seu álbum "A Fraga do meu avó", obsequionus cun marabilloso xogo do 3 en raia, feito con madeira das suas fragas.





miércoles, 13 de enero de 2021

AGASALLOS DE NADAL

Foi toda unha sorpresa chegar o venres e atoparnos cun agasallo inmenso!!!
Decidimos que esperariamos ao luns para que a maioría de nenos e nenas o puideran abrir, que será será?



Un albúm de cromos do Reino das emocións e unha chea de cromos!!!!
2 pelotas para a aula de psicomotricidade
E unha caixa de xices de cores!!