sábado, 3 de febrero de 2024

CANDO TEÑAS...MOITO FRÌO

 A estación do inverno xa chegou e aìnda que estes dìas o sol reluce no ceo non podemos esquecer que vai moito moito FRÌo!!



O NOME

 No recanto da lectoescritura atopamos uns moldes das letras en manuscrita asì que aproveitamos para practicar a sua grafìa deseñando uns cartèis cos.nosos nomes.



ADIVIÑA A QUEN ESTOU DEBUXANDO??

 Tamèn eleximos a un compañeirx ao que debuxar e a profe Uxìa tivo que adiviñar de quen se trataba. Para a semana farèmolo a modo grupal. Este tipo de actividades sèrvenos para  facer un sociograma da aula.



TRABALLANDO A SIMETRÌA 2

 Esta semana toucou completar a nosa cara coa metade que falta. Parece unha activade sinxela, pero en realidade ten certa complexidade.



QUEN È QUEN??

 Este è un magnìfico xogo para traballar a atención visual e auditiva, asì como o vocabulario, favorecendo a estrutura das descripcións. Xogamos en 2 equipos respectando as quendas e pasàmolo xenial!!





STOP MOTION

 Esta semana tamèn estivemos a preparar unha nova actividade para o proxecto Etwinning "My community. Your community. Our world", un Stop Motion sobre o significado do nome da nosa Vila, Viveiro. Si queredes velo xa està subido ao twinspace, no apartado 7.5, introducindo as vosas claves. 



https://school-education.ec.europa.eu/en/etwinning/projects/my-community-your-community-our-world/twinspace/pages/stop-motion

NOVOS DESEÑOS PARA REPRODUCIR COS PALITROQUES

 Seguimos a crear e deixar ao noso maxìn materializarse con estas novos deseños, neste caso de Xabi e Sara: