viernes, 16 de mayo de 2025

MANCHANDO AS MANS

Hoxe tocou ensuciar as mans e poñer a funcionar a creatividade e libremente pintamos co pincel...de aquí sairán grandes artistas!!


GALICIA SABE AMAR

 Este proxecto promovido pola Xunta trata de achegar aos máis pequenos e pequenas os sabores dos alimentos marinos con presentacións máis que apetecibles. Hoxe tocounos mariñeira con patè de mexilón e mexilón escabechado e unha croqueta para chupar os dedos.






miércoles, 14 de mayo de 2025

PROXECTO ETWINNING. TEMA: DESCUBRIMIENTO DE LA VALENTÍA:

 

Despois da lectura deste conto, en inglès e en castelán estivemos a conversar sobre aquelas cousas que lles costa máis facer ou que cren non dominan, alentándoos a facelas por si mesmos sen medo a errar, unha gran frase é "Si queres podes" e que  neste conto vemos reflexado. Tamén aproveitamos para tirar o dado e practicar variedades de baile...


Vos propoñemos para traballar na casa o seguinte: conversade c@s vos@s peques sobre aquelo que aínda non son capaces de facer pero lles gustaría, por exemplo, anda na bici sin ruedíns, etc. Buscade unha imaxe en internet, libre de dereitos de autor ou con licencia Creative Commons e a palabra escrita ao lado.
Recórdovos que todas estas actividades son sempre voluntarias e agradezo de antemán toda a cosa colaboración.


martes, 13 de mayo de 2025

LETRAS GALEGAS


 Este ano as letras galegas adícanse ás cantareiras, de onte e de hoxe, que divulgan o amor pola nosa lingua e tradicións coas suas cantigas. Contamos co grupo " Os do 21" e cantamos con eles Ven bailar Carmiña, O galo canta ou Catro vellos mariñeiros.


jueves, 8 de mayo de 2025

CUESTIONARIO

 A continuación deíxovos o enlace para que votedes e elixades o conto co que traballaremos todos os coles participantes no proxecto etwinning: Protecting animals, construindo unha nova historia coas suas imaxes. Tedes ata o domingo inclusive. Grazas por participar!!


martes, 6 de mayo de 2025

MATERIAL

 

2 pinza de 41*15 mm
1 bolsa branca 45*17*47

PROXECTO ETWINNING: JOURNEY FROM BOOK TO US

 

Segunda temàtica a traballar: O amor incondicional. 

Con este conto traballamos a importancia e necesidade de transmitir os nosos sentimentos e das diferentes formas de amosar afecto hacia os demáis. Despois da.lectura, primeiro ticemos que pensar nunha palabra bonita que dicirlle ao compañeiro do lado, custounos un pouquiño!! Despois tivemos que facelo sen palabras, e resultou todo un èxito!

Na casa, pensade nunha palabra bonita ou de cariño para compartir cos demàis, escribídea e decorádea e despois poñerémolas todas xuntas nun recantiño da clase!! Recordade enviar foto da actividade en familia, tanto desta proposta coma da.proposta anterior! Moitas grazas