viernes, 18 de junio de 2021

RECOÑECEMENTO AOS LOGROS ACADADOS ESTE CURSO

 Onte tivemos a enorme sorte e pracer de que a Alcadesa, a Concelleira de Cultura e o Concelleiro de Educación e deportes, en nome do Concello de Viveiro, viñeran ao cole a entregarnos uns agasallos que fixeron a Librín e aos nosos pequequechos e pequechas moi felices polo traballo feito e os logros acadados este curso. GRAZAS!!!!



PREMIO VOZ NATURA AO MELLOR PROXECTO MEDIOAMBIENTAL DE EEI DE GALICIA

 Estamos pletóricas con este premio depois de tanto tempo traballado en prol do coidado da natureza e do medio ambiente, inculcando aos máis pequechos e pequechas a importancia do consumo responsable. Gracias a todos e todas por facelo posible!!! Pinchade AQUÍ.

jueves, 17 de junio de 2021

CARLA GERARD E ARTE NAIF

 E  para rematar o curso e o noso traballo sobre arte e emocións que mellor que co arte Naif e os seus debuxos e cores. E a ti, que emoción che fai sentir???



A EIRUGA MOLONA

 Coas medidas de distanciamento pertinentes e aproveitando o bo tempo da semana pasada estivemos a practicar o soplo fabricando a nosa propia eiruga molona!!!



GAÑAMOS O PREMIO Á MASCOTA MÁIS RIQUIÑA DO RETO HACKOBEO CON E-TEXTIL

 


Cuns diseños xeniáis, a colaboración da profe Chus, coordinadora de Polos Creativos na escoila, e un pouquiño de fieltro e cola, e creatividade e imaxinación a esgalla quedounos un Librín Pelegrín ben chulo merecedor dun premio, estamos moi moi contentas!!!!!

miércoles, 16 de junio de 2021

ESTE VERÁN...MÓVETE!!!

 Familias, auí vai o colofón a este curso tan especial, bailndo unha canción do máis optimista, onde  o valor da amizade é o camiño para seguir, "Móvete". Gracias a Paco Nogueiras por cedernos os dereitos.