viernes, 27 de marzo de 2026

RECANTOS

 E tamén introducimos algún xogo novo nos recantos...

Misturamos o arroz que pintamos buscando a experimentación e a estimulación sensorial





.


DISEÑA A TUA XOIA

Dadas as dotes creativas do noso alumnado decidimos que era un bo momento para participar no concurso "Diseña a tua xoia" para o día da nai. Crucemos os dedos a ver si hai sorte.


DÍA DO AUTISMO

 O vimdeiro 2 de abril celébrase o día mundial do autismo e de cara a concienciar sobre a diversiade deste alumnado en particular e do alumnado en xeral, vimos duas curtametraxes de animación, debatemos sobre o tema e coloreamos o logo distintivo das persoas autistas, o símbolo do infinito de moitas cores. Despois fixemos unha cadea cos mesmos na entrada da escola, simbolizando a nosa unión.




PASCUA

 Celebramos con teacher Mariana  a "Happy Easter" , creando ovos de pascua que despois tivemos que atopar pola aula e sorpresa!! Non eran os nosos!





PRIMAVERA

 Tamén lle demos a nosa especial benvida á nova estación creando flores para decorar as nosas ventás. Chulísimas!!



SEMANA DAS TORTILLAS

 Esta semana fixemos a nosa particular festa das tortillas indo á nosa aula na natureza, nas Nogueiras. Fixo un día perfecto, cheo de xogos, exploracións e bo tempo!



VOTA POLO LOGO DO PROXECTO

 Deixo aquí o enlace para que elixades logo para o novo proxecto Etwinning. Ten que estar cuberto ao finalizar o día. Grazas por participar!

Pincha AQUÍ