domingo, 7 de noviembre de 2021

EXPERIMENTO 2: COMPROBANDO A DENSIDADE DA AUGA

 Primeiro poñemos nun recipiente auga e introducimos un ovo:


Despois pouco a pouco imos engadindo sal...


E sorprendentemente observamos como o ovo comeza a flotar!!!

¿Por que ocurre este fenómeno??

Porque ao engadirlle sal á auga a densidade da mesma cambia. E que é a densidade?? é a cantidade de masa que hai nun determinado volume dun líquido. A masa é o material do que está feito o corpo e o volume é o espacio que ocupa o mesmo.



No hay comentarios:

Publicar un comentario