lunes, 30 de noviembre de 2020

CREAMOS COS TESOUROS DO OUTONO

 A semana pasada, na sesión de atención educativa, descubrimos unha morea de cousas na caixa dos tesouros, e puxemos a voar a nosa imaxinación. Pasámolo de marabilla e sairon verdadeiras obras de arte!!



sábado, 28 de noviembre de 2020

PLASTELINA CASEIRA CONDUTORA DE ELECTRICIDADE

 Aquí vos deixo o último experimento que fixemos na aula. Atendede ben aos ingredientes e ás cantidades e animádevos a facelo na casa!!!



viernes, 27 de noviembre de 2020

UN MAGOSTO ESPECIAL

 Este ano celebramos un magosto moi especial cheo de xogos e castañas!!!



25 N- DÍA DA NON VIOLENCIA MACHISTA

 O pasado mércores , a profe Chus contounos un conto moi especial, Arturo e Clementina, onde se reflexa moi ben a situación que algunhas mulleres están a vivir en todo o mundo, así como tamén avoga por un cambio de mentalidade, onde o respeto pola liberdade é o principio fundamental.


Despois convidamos á reflexión cunhas imaxes de xoguetes onde o alumnado tiña que rodealas con   dúas cores diferentes en función de si crían que eran xoguetes para nenos ou xoguetes para nenas.


Estas son as imaxes orixináis pero eles e elas víronas en blanco en negro e iste foi o resultado:







jueves, 26 de noviembre de 2020

O SEGREDO DE FLORA

 Este conto nos ensina como é o sentimento do enfado, poñéndoñe nome a como nos sentimos por dentro e comparándoo con algo que sí podemos tocar ou ver.Tamén nos da unha extratexia moi boa para aprender a canalizar a ira. 100% recomendable!!!



ORIENTÁMONOS CO ESCORNABOT

 Para axudarnos a entender o concepto dos puntos cardinais e o uso da brúxula practicamos na biblioteca dirixindo o escornabot dirección norte, sur, este e oeste.




miércoles, 25 de noviembre de 2020

FAMILIAS DIVERSAS

 Ao longo da semana pasada e parte desta estivemos a traballar dende diversas canles entorno ao 25 de novembro- Día da non violencia de xénero, baixo a temática "Familias diversas". A continuación poderedes ver o proceso e o resultado da nosa obra plástica :" porque dende a normalización estaremos educando en igualdade e respeto".















martes, 24 de noviembre de 2020

PSICOMOTRICIDADE NO PATIO

 A semana pasada , aproveitamos o bo tempo para exercitarnos en psicomotricidade ao aire libre!!!



lunes, 23 de noviembre de 2020

CREAMOS NA BIBLIOTECA COS ESCORNABOTS

 En Bibliolibrín atópase agochado un escornabot que nos axudou a pintar e deseñar un fondo moi chulo. Aquí podedes ver o proceso:



CANTIGA 13 LÚAS PARA CONMEMORAR O MAGOSTO

 POr si estes días na casa vós sentides cantareiros e cantareiras e vós apetece ensaiar aí vai a canción que estamos a practicar no cole.



jueves, 19 de noviembre de 2020

FAMILIAS DIVERSAS

 Estas semanas estamos a traballar sobre a familia, a emoción que sentimos cando pensamos nela, así como na diversidade de familias que pode haber.

Deixámosvos o enlace a uns contos que xa vimos a semana pasada pero estade atentos que subireimos máis.





miércoles, 18 de noviembre de 2020

GRAVE E AGUDO

 A profe Chus traballou hoxe os sons graves e agudos dunha forma do máis divertida. O monicreque parrulo tiña unha voz suave e aguda. Pola contra a voz do monicreque león era moi grave. Os nenos e nenas foron os encargados de poñerlles a voz!!!!




MERENDAS MOI ECO

 Dende o claustro  queremos agradecer ás familias á implicación que están tendo co proxecto levado a cabo polo centro en prol da reducción de uso de plásticos nas nosas vidas. Para elo, xa no curso pasado propuxemos o uso de envases reutilizables nas merendas e a día de hoxe podemos dicir que o conseguimos ao 100%. Este curso, ademáis, ao pautar as merendas, conseguimos a eliminación de alimentos envasados favorecendo así un consumo máis resposable e saludable. Así que, GRAZAS FAMILIAS por facelo posible!!!





martes, 17 de noviembre de 2020

NOS ORIENTAMOS

 Hoxe plantexamos na aula unha pregunta para que pensaran que farían en caso de que se perderan no medio do monte, fcendo un roteiro ou ruta de senderismo. Estas foron algunhas das respostas:


Despois tentamos adiviñar o nome dalgo que levei:


A continuación fixemos unha brúxula caseira para axudarlles a entender o os puntos cardinais:



 E finalmente vimos este vídeo que nos puxo algún que outro reto difícil:



AS XIRAFAS NON PODEN BAILAR

 A profe Chus contounos un conto moi especial onde aceptarse a un mesmo é o valor primordial para alcanzar as nosas metas e sobretodo para ser FELIZ!!!







lunes, 16 de noviembre de 2020

DÍA INTERNACIONAL DA INFANCIA

 O venres 20 de novembro conmemórase a nivel undial o día da infancia onde se fai fincapé nos dereitos fundamentais aos que calqueira neno e nena debe ter, independientemente do seu sexo, raza, nacionalidade ou clase social á que pertenza. 

Ao longo desta semana iremos traballando a partir de diversos recursos:




VIVAN LAS UÑAS DE COLORES

 Esta semana limos un conto moi especial onde o respeto polos gustos e as diferencias é o valor primordial.




viernes, 13 de noviembre de 2020

MOLDEAMOS OS NÚMEROS CON PLASTELINA

 Como nos estaba constando tanto facer o traxado dos números probamos a facelos con plastelina e o resultado foi moito máis que mellor!!!








O OUTONO XA CHEGOU Á EEI SAN ROQUE

 Coas follas caídas e os paus recollidos polas familias nos montes de Viveiro estamos a elaborar un libro do outono moi chuli.


Tamén estamos a facer unha caixa dos tesouros onde gardaremos os tesouros de cada estación do ano:



 E aproveitamos para decorar a aula.



XOGAMOS COS ESCORNABOTS NA BIBLIOTECA

 



SEMANA DA CIENCIA NA BIBLIOTECA. EXPERIMENTO 6: TENSIÓN SUPERFICIAL DA AUGA

 




miércoles, 11 de noviembre de 2020

PSICOMOTRICIDADE 4

 Cuns matamoscas e un globo puxemos a proba a nosa puntería!!!






SEMANA DA CIENCIA NA BIBLIOTECA. EXPERIMENTO 3: QUEN DIXO QUE O LEITE É BRANCO??

 














Con leite enteira cubrindo o fondo dun prato, tintes alimentarios e un chico de lavalouzas conseguimos este efecto visual tan chulo onde a graxa do leite se desplaza e fai que as cores se misturen.