"A infancia ten a súas propias maneiras de ver, pensar e sentir; nada hai máis insensato que pretender sustituilas polas nosas". Jean Jacques Rousseau (1712-1778) Pedagogo francés.
Librín deixounos no seu blog os vídeos cos poemas que as familias nos enviáchedes!!!moitas gracias por participar!!!quedaron preciosos!!!!! Se queredes velos pinchade AQUÍ.
E tamén limos 2 fermosos poemas do libro Mar de Mazá aproveitando que estamos a traballar a calma e o cadro do Mar en Calma de Gustav Coubert.
Continuamos coa emoción da calma e que mellor que contemplar o mar cando está tranquilo para relaxarse. Mar en calma de Gustav Coubert: empregamos unha nova técnica de pintado con esponxas proporcionando unha nova percepción tanto táctil como visual e rematamos co toque personal de cada un engadindo un barco a esta paisaxe no que con diferente material puxeron a voar a sua imaxinación.
Estamos a traballar a percusión en educación musical. A ver que vós parece a seguinte peza facendo a percusión con material de refugallo. Se queres escoitala pincha AQUÍ.
Hoxe celébrase o día das persoas con Síndrome de Down. Despois de ler un conto sobre o tema e facer unha chuvia fixemos un obradoiro de decoración de calcetíns.
No 2011 elexiuse este símbolo debido á semellanza que ten o calcetín co cromosoma 21. No 2018, unha nena británica con este síndrome viralizou a práctica de utilizar este día calcetíns de diferente cor.
Estamos a participar no programa Alimentes promovido polos supermercados GADIS e contamos con múltiples recursos virtuais que nós axudan a fortalecer o que estamos a traballar no proxecto anual XERMOLIÑO: Alimentámonos ou nutrímonos???
E o venres pasado chegóunos un súper agasallo, un plato saudable para cada nenx!!!
Este conto está baseado nunha historia real e conta coma nun país onde nenos e nenas non podían ir á escola, unha nena, Malala, soñaba con ter un lápiz máxico que lle permitira cumplir os seus soños, onde todos nenos e nenas puideran ter acceso á educación. Co tempo Malala convertiuse en escritora e ise lápiz máxico tornouse en real cando gracias ao que ela escribía as nenas en concreto contaron con máis dereitos no seu país.
Xs nenxs ade máis de pintar a Malala debuxaron aquelo que lles gustaría facer se tiveran un lápiz máxico:
E aquí vós deixamos a canción SE TI ES UNHA MULLER que estivemos ensaiando no cole,
A semana pasada Librín deixounos no seu blog un conto moi fermoso que traballa a autoestima e a capacidade de aceptarse a un mesmo para ser feliz. Si queredes velo pinchade AQUÍ.
O contacontos foi unha aportación dunha familia do centro así que moitas grazas!!!...e familias animádevos a participar!!!
Tamén podedes deixar un comentario tanto nas entradas de Librín coma nas que facemos neste blog, no blog de Patas Peludas ou no de Voz Natura!!!
Azul e Bertie trata de contar xs pequechxs a importancia de perderlle o medo ao novo e ao descoñecido xa que se poden estar a perder grandes cousas...Tamén traballa a importancia de aceptar as diferencias como algo que nos enriquece en vez de poñernos obstáculos. Todos e todas podemos aprender doutros e doutras e incluso a ver a vida doutra maneira.
Esta semana aproveitando que estamos a traballar os alimentos limos un conto rimado como antesala do día da poesía o vindeiro 21 de marzo, Marcelina na cociña:
E agora en versión cantada:
E aquí vós deixamos o xogo para comprobar o que atendíchedes:
Seguimos a traballar a emoción da calma e para elo limos un conto que nos ensina a importancia de ser conscientes da respiración como acto previo para relaxarnos. Si queres escoitalo pincha AQUÍ.
O pasado mércores comezamos a contar (non ler) contos, historias, anécdotas...Garabanciño foi o protagonista desta vez pero ademáis coláronse nesta xornada uns contacontos moi especiais. Se queres escoitalos pincha AQUÍ.
Esta semana estivemos a traballar máis que nunca (dunha maneira directa) a igualdade de xénero ante a cercanía do vindeiro 8 M, día no que se conmemora o acceso ao traballo da muller en igualdade de condicións que os homes.
Un dos contos que lemos foi o seguinte:
Despois de escoitar o conto fixemos unha reflexión e acontinuación tiveron que acabar de debuxar as 4 personaxes que lles dábamos as cales tiñan 4 profesións distintas...
Recordade que na lapela superior de lectoescritura podedes atopar xogos interactivos de reforzo daqueles fonemas/grafías que estamos a traballar na aula.
Seguimos a traballar a excitación e para elo recurrimos ao cadro da
Noite Estrelada de Vincent Van Gogh. Primeiro fixemos unha posta en
común do que nos parecía o cadro, despois pintámolo e finalmente a
sorpresa final,: puidemos velo na escuridade coma si pintaramos
estreliñas de verdade no noso cadro!!!
Tamén limos este conto onde o cadro cobra vida. Se queres volver escoitalo PINCHA AQUÍ.
E agora vos deixemos un xogo para que poñades en práctica o memorizado: