A continuación deíxovos o enlace para que votedes e elixades o conto co que traballaremos todos os coles participantes no proxecto etwinning: Protecting animals, construindo unha nova historia coas suas imaxes. Tedes ata o domingo inclusive. Grazas por participar!!
Etiquetas
- ACOLLIDA
- ALIMÉNTATE BEN
- ARTE
- ATENCIÓN
- BECHIÑOS DA HORTA
- BIBLIOTECA
- BIBLIOTECA CREATIVA
- CARACOL POL
- CIENCIA
- CONMEMORACIÓNS
- CÓNTAME UN CONTO
- COVID-19
- EDUCACIÓN MUSICAL
- EDUEMOCIONA
- EDUSAÚDE
- EDUSOSTIBLE
- EMOCIONA-T
- ESQUEMA CORPORAL
- ESTIMULACIÓN SENSORIAL
- ETWINING
- Etwinning
- FAMILIA
- IGUÁLA-T
- INCLÚE-T
- LECTOESCRITURA
- LINGUAXE
- LÓXICA-MATEMÁTICA
- MASCOTAS
- MINIMUNDOS
- MOTRICIDADE FINA
- NADAL
- NORMALIZACIÓN
- ORIENTACIÓN ESPACIAL
- PATAS PELUDAS
- PATIOS DINÁMICOS
- PLAN PROXECTA
- POESÍA
- POLOS CREATIVOS
- PROXECTO TERRA
- PROXECTOS
- PSICOMOTRICIDADE
- RECUNCHOS
- RELAXACIÓN
- SAMAÍN
- SENTIDOS
- TICS
- VIVEIRO
- VOZ NATURA
- XERMOLIÑO
- XOGO SIMBÓLICO
jueves, 8 de mayo de 2025
martes, 6 de mayo de 2025
PROXECTO ETWINNING: JOURNEY FROM BOOK TO US
Segunda temàtica a traballar: O amor incondicional.
Con este conto traballamos a importancia e necesidade de transmitir os nosos sentimentos e das diferentes formas de amosar afecto hacia os demáis. Despois da.lectura, primeiro ticemos que pensar nunha palabra bonita que dicirlle ao compañeiro do lado, custounos un pouquiño!! Despois tivemos que facelo sen palabras, e resultou todo un èxito!
Na casa, pensade nunha palabra bonita ou de cariño para compartir cos demàis, escribídea e decorádea e despois poñerémolas todas xuntas nun recantiño da clase!! Recordade enviar foto da actividade en familia, tanto desta proposta coma da.proposta anterior! Moitas grazas
martes, 29 de abril de 2025
ESCOITAMOS COMO LES
Onte acompañounos Javier, o pai de Paula, co que disfrutamos a tope con 2 contos estupendos: "Os esqueletos divertidos" e " Què le pasa a Blasa".
sábado, 26 de abril de 2025
COAS MIÑAS MANS
"Coas miñas mans eu podo tocar, escribir, falar, cociñar..." Fantásticas as galletas que fixeron onte estes pequechos/as.
jueves, 24 de abril de 2025
PROXECTO ETWINNING: JOURNEY FROM BOOK TO US
Primeiro tema: autoconfianza
Libro: "El punto"
Retomamos este conto xa traballado na aula e que voltamos ler hoxe para reforzar a autoconfianza nas nosas crianzas. Pedimos que nas vosas casas, libremente, elaboredes con eles/as unha obra artística onde os puntos e os círculos sexan o foco de atención. O adulto serà o motivador e o que aporte suxerencias pero serà o neno ou a nena que a desenvolva, deixando que desarrollen a sua creatividade. Compartide fotos sen caras polo móbil do cole ou a travès do meu enderezo coorporativo. Moitas grazas
MÚSICA POLO DÍA DO LIBRO
Onte, polo día do libro, tivenos a sorte de contar con Marta Lage, a avoa dunha das nosas nenas que foi mestra de música así como membro de grupos musicàis. Con ela puidemos aprender moito màis sobre is instrumentos e a sua clasificación e disfrutar da sua increíble voz. Todo un pracer.
RECURSOS DE APRENDIZAXE
TRABALLANDO O NOME
Nos recantos estamos a traballar o nome propio, a lectura global do mesmo así como das letras que o conforman.
XOGANDO COS MINIMUNDO
Con diversos materiáis creamos un minimundo do ocèano para o proxecto Etwinning e despois disfrutamos xogando con el.
miércoles, 23 de abril de 2025
APRENDEMDO A EXERCER O VOTO DEMOCRÁTICO
Onte xurdiu a posibilidade de elexir entre duas opcións pero como non había unanimidade decidimos sometelo a voto e traballamos así a grafía do 1 e o 2 e o conteo.
O NOSO PARTICULAR XARDÍN DE FLORES
Encàntanos moldear con plastelina e non hai nada mellor para fortalecer os nosos dedos e traballar a motricidade e a imaxinación. Flores brancas, lilas, vermellas, con moitos pétalos sin ekes,caltas, baixas...
miércoles, 16 de abril de 2025
VOTA O TEU LOGO FAVORITO
No seguinte enlace podedes escoller o voso logo favorito para o último proxecto Etwinning.
sábado, 12 de abril de 2025
O TRIÀNGULO
Seguimos a traballar as formas xeométricas a través do arte, neste caso creando o noso propio cadro:
viernes, 11 de abril de 2025
PROXECTO ETWINNING: JOURNEY FROM BOOK TO US
Neste proxecto, onde participamos paises como Portugal, España e Turquía o obxectivo principal e traballar dende a lectura desenvolvendo nos nenos e nenas aspectos como:
- Autoconfianza
- Amor incondicional
- Descubrimento da valentía
- Recoñecemento das emocións positivas e compartir a felicidade.
- Admitir os erros e aprender deles
- Fomento da curiosidade por explorar
Levades na mochila o nome de usuario e contrasinal para acceder a dito proxecto e iremos plantexando actividades semanalmente no que precisaremos a vosa colaboración. Moitas grazas de anteman.
Deixo a continuación o enlace para que os pais cubrades a enquisa inicial!!
jueves, 10 de abril de 2025
DESENVOLVIMENTO ARTÍSTICO
Calqueira lugar é bo para desenvolver a nosa creatividade e onde hai cemento, por que non decoralo??
APRENDEMOS SOBRE AS ABELLAS
Onte desfrutamos dun obradoiro moi entretido onde ademàis de coñecer en profundidade ás abellas fixemos unha vela coa sua cera!
O vindeiro curso retomaremos màis sobre este e outros importantes insectos.
martes, 8 de abril de 2025
CELEBRANDO O DÍA DA TORTILLA
Xa levamos anos reproducindo esta tradición da vila e levàndoa à escola, ou mellor dito, fóra dela, porque diso se trata, de disfrutar en compañía dos nosos amigos e amigas do medio narural que nos rodea.
lunes, 7 de abril de 2025
OBRADOIRO DE INSTRUMENTOS MUSICÀIS
Da man de Manu, aprendemos a elaborar instrumentos musicàis con materiàis da natureza e de refugallo, dun maneira sinxela e divertida.
viernes, 4 de abril de 2025
COMENZANDO NOVO PROXECTO ETWINNING
Desta volta co nome " Journey from book to us". Polo de agora creamos o noso recunchilo de lectura na clase:
Na casa tedes algún lugar especial onde fomentedes a lectura, compartades lecturas en familia ou simplemente onde podan manipular os contos e entendemos mirando os seus debuxos?? Si è así enviádeme, ben ao móbil, ben ao meu enderezo electrónico,unha foto dese sitio especial, xa sabedes, sin caras. Moitas gracias!!
miércoles, 2 de abril de 2025
DÍA DO LIBRO INFANTIL
Hoxe , 2 de abril, día do libro infantil, celebràmolo por todo o alto con Vero Rilo e as suas "Cacho animaladas". Pasàmolo pipa!
viernes, 28 de marzo de 2025
MUNDO BICHOS
Hoxe tibemos unha xornada moi enriquecedora xon Miguel e os seus bichos. Si queredes ver un resumo pinchade AQUÍ
jueves, 20 de marzo de 2025
ASÍ LAVABA ASÍ ASÍ...
CAMPO DE FLORES
Unha das ptopstas de hoxe para o espazo creativo foi pintar, quen desexou, un campo de flores colectivo.
ANTES:
DESPOIS:
BENVIDA PRIMAVERA
Hoxe, para darlle a benvida a esta nova estación apredimos un pouquiño màis sobre as flores e como plantslas.
Tamén preparamos un comedeito para os paxaros, si queredes velo só tedes que visitar o blog de Protecting animals.
martes, 18 de marzo de 2025
ESCOITAMOS COMO LES
Onte contamos con Merce, a nai de Paula, que nos veu contar dous contos ben chulos: "Felipe ten gripe" e " Polo camiño", este último cantado. Moitas grazas!!!
viernes, 14 de marzo de 2025
O CADRADO/RECTÁNGULO E MONDRIÁN
Sempre nos gusta traballar contidos a través do arte e desta volta escollimos a Mondrián, coñecido polas suas obras con cores moi básicas e líneas rectas. O desenvolvemento do cadro foi relativamente libre pero iso sí, tiñan que seguir as consignas marcadas...
"DONA CARME" E "UNHA VELLA TIÑA UN CAN"
Hoxe lemos un conto tradicional cunha estrutura repetitiva que convida ao alumnado a participar e nde as personaxes principáis son animáis:
Pinchade AQUÍ
Tamén escoitamos a canción de Migallas "Unha vella tiña un can" baseada neste conto:
miércoles, 12 de marzo de 2025
OBRADOIRO DE COCIÑA CON ULTRALIMENTO: AQUARIUS CASEIRO
Foi xenial poder ver ao alumnado facer o seu propio refrixerio caseiro. Receita 100% saludable e recomendable para facer na casa en días de calor.
lunes, 10 de marzo de 2025
ESCOITO COMO LES
Hoxe contamos con Adriàn, o pai de Carmen, que veu contarnos "Os sete cabritilos" e o "Pariño feo", contos tradicionàis que sempre fustan aos pequechos/as. Moitas grazas!!
viernes, 7 de marzo de 2025
XORNADA DE XOGOS DE MESA POLO 8 M
Hoxe, puidemos desfrutar coas familias dunha xornada de xogos de mesa en BIBLIOLIBRÍN.Coma sempre unha actividade compartida entre escola e familia do màis sarisfactoria para ao alumnado pero tamèn para a sua mestra
jueves, 6 de marzo de 2025
ENTERRAMOS A SARDIÑA
E como non podìa ser doutra maneira hoxe enterramos a sardiña para despedir o entroido e para elo contamos coa colaboración especial das familias para cantar esta cantiga tradicional da nosa vila. Familias, sodes de 10!!!
Por certo, si queredes ver o vídeo de entroido tedes que visitar o blog de Protecting animals.
miércoles, 26 de febrero de 2025
ESCOITAMOS COMO LES
Hoxe, Te aquel e Luis, nai e pai de Lía, respectivamente, obsequiàronnos con este entroido dos animàis musicado. Toda unha delicia para os oídos Coma sempre, un placer e mil grazas.
martes, 25 de febrero de 2025
TRABALLANDO A ROSALÍA
O 23 de febrerio foi o dìa de Rosalía de Castro e o 21 o día da Lingua materna,así que entre todos estivemos a traballar sobre quen foi e o poema musicado "Has de Cantar", do seu libro de poemas "Cantares Gallegos", onde fixemos eapecial fincapè na música e instrumentos musicàis da tradición galega. Na web da eCol, no apartado de dinamización podedes atopar unha relación dos mesmos.
Aproveito tamèn para motivarvos no uso do Galego no entorno próximo xa que a falta de uso vai facer que desapareza. Temos unha lingua propia, preciosa, que nos fai únicos e únicas e que a sua aprendizaxe abre a mente de cara a aprendizaxes de novas linguas.
lunes, 24 de febrero de 2025
ESPERTANDO OS SENSITIS NO ESPAZO SENSORIAL
Tamèn aproveitamos a nosa quenda na biblioteca para xogar con outros recursos que bela se agochan!
ESCOITAMOS COMO LES
Hoxe, contamos coa compaña do pai e a nai de Marina, que viñeron compartir un conto con tod@s nós , e ti eron unha axudante moi especial, a propia Marina.
domingo, 23 de febrero de 2025
PINCHOS MORUNOS
Traballamos a seriación e a motricidade fina facendo estes pinchos morunos cun ingrediente un poiuco diferente, plastelina.
viernes, 21 de febrero de 2025
NOVAS FORMAS: O CADRADO E O RECTÀNGULO
En que se parecen o cadrado e o rectàngulo?? En que se diferencian?? A mellor maneira de averigualo, a experimentación:
CLASIFICANDO OS TAPÓNS POR CORES
A caixa de tapóns comenza a estar xhea así que comezamos a clasificalos por cores de cara a facilitar o traballo para o fituro mural con David Catà e coas familias!!
miércoles, 19 de febrero de 2025
OBRADOIRO ENTROIDO
Grazas súper familias polo obradoiro de hoxe que foi todo un éxito grazas à vosa dispoñibilidade e colaboración. O traballo conxunto entre familias e escola da os seus frutos, pasiño a pasiño e eu non podo estar màis contenta e agradecida.
DEBUXANDO ANIMÁIS: UN PORQUIÑO
Xa que estamos a traballar os animàis e a forma do círculo foi unha elección do màis acertada. Estes foron algúns dos resultados:
viernes, 14 de febrero de 2025
UNHA VETERINARIA VEN A VERNOS
O pasado mércores tamén contamos con Ana Cuadrado, veterinaria de profesión, que nos ofreceu unha clase maxistral moi interesante e entretida. Si queredes velo pinchade AQUÍ e non esquezades deixar os vosos comentarios.
Aproveito tamén para recordarvos que non esquezades acceder co voso contrasinal e nome de usuario á plataforma de Etwinning para ver todas as actividades que estamos a facer!!
lunes, 10 de febrero de 2025
CINE IMPROVISADO
Hoxe convertemos a biblioteca nun cine, màis ben nun teatro de sombras, onde puxemos a traballar a nosa atención para ir adiviñando...
Quen està detràs?
De que personaxe se trata??