Mostrando entradas con la etiqueta PROXECTOS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta PROXECTOS. Mostrar todas las entradas

miércoles, 11 de enero de 2023

NOVO TRIMESTRE NOVO PROXECTO

 Comezamos con ganas este novo trimestre onde iniciamos novo proxecto: VIVARIUM, A HISTORIA DA NOSA VILA.

Se queredes ir coñecendo un pouquiño de Viveiro cos Bolechas pinchade AQUÍ.

E AQUÍ vos deixo outro vídeo moi interesante.

E tamén podedes ver esta curtametraxe realizada polo alumnado de cursos pasados:






lunes, 13 de diciembre de 2021

O ESCUDO DOS NOSOS APELIDOS

 E xa para rematar Co proxecto dos nosos nomes e enlazándoo Co proxecto Terra traballamos os nosos apellidos. Primeiro buscamos o escudo e o significado dos apellidos no ordenador, para irnos familiarizando pouquiño a pouco co seu funcionamiento e despois modelamolos con plastelina.




lunes, 4 de octubre de 2021

DEBUXAMOS O SIGNIFICADO DOS NOSOS NOMES

 Coa información que trouxemos de casa comezamos esta semana, no recanto da lectoescritura, a  completar e debuxar o significado dos nosos nomes.



sábado, 13 de febrero de 2021

BUSCANDO O NORTE

 Xa está publicada na web do centro a curtametraxe de animación que realizamos o curso pasado baseada no conto de OQO "Buscando o Norte" para o proxecto "Nós tamén creamos". Si queredes vela pinchade AQUÍ.

E agora para recordar o visto...


sábado, 31 de octubre de 2020

POESÍA E CORPO

 Esta semana tamén afondamos no proxecto do corpo e debuxamos a nosa cara a partir dun poema moi coñecido de Gloria Fuertes e para o cal nos acompañamos de pictogramas, xa que os debuxos nos axudan a comprender mellor o significado das letras e da linguaxe.




martes, 27 de octubre de 2020

FILIP@ VAI AO TRAUMATÓLOGO

 O noso convidado Filip@ sufriu algún que outro percance estes días e fracturou algún óso, así que despois de averiguar entre todos/as como se chamaba o médico dos ósos marchou para que o curaran.

Hoxe acordáronse moito del!!!



Tamén houbo pensamentos en Pol, o Caracol!!



miércoles, 21 de octubre de 2020

OS SENTIDOS

 Onte Filip@ troúxonos un agasallo moi especial!!!

UN XIRASOL!!!

Primeiro tivemos que empregar o sentido da vista para averiguar de que se trataba (uns dixeron tortilla, un cogmelo e outros unha flor):



Despois seguimos indagando e empregamos o noso olfacto (aquí xa tivemos máis acertos, cheriaba a pipas!!!):


 


Tamén utilizamos o sentido do tacto tocando as sementes e comprobamos que tiña forma de triángulo:




E para saír de dúbidas entregamos a cada neno e nena unha pipa de xirasol para que a través do sentido do gusto puideran degustalas:




Finalmente fixémonos preguntas de como podíamos facer xermolar unha pipa e como houbo varias propostas este foi o resultado, a ver que pasa!!!





Para saber como se xermolan as pipas mirade este vídeo:


E un fermoso conto:



domingo, 18 de octubre de 2020

FELIP@ VEUNOS VISITAR

 Despois de estar toda a semana indagando a quen podía pertencer o óso, o pasado venres tivemos unha visita moi especial á par que escalofriante. Felip@, un esquelete moi especial veu buscar o seu óso perdido e a inagurar estas semanas terrorificas de Samaín que están por vir e que tanto nos gustan. Ademáis aproveitamos a ocasión para investigar sobre o noso corpo, vimos radiografías na PDI e aprendimos onde hai ósos e onde non no noso corpo. Felip@ quedará uns días con nós para axudarnos a dar resposta ás dúbidas que están a xurdir.



sábado, 10 de octubre de 2020

QUEN SERÁ SERÁ???

 Onte pola mañá atopámonos cunha sorpresa na aula!!! alguén veu ás agachadas pola noite e deixounos unha carta e un agasallo. Quen será será???