jueves, 23 de junio de 2022

RECOMENDACIÓNS

 E para que non vos aburrades nada este verán deixamos nos seguintes enlaces unhas recomendacións :

LIBRÍN

VERDECONTOS

miércoles, 22 de junio de 2022

GRACIAS

 Non quería quedarme sin un recordo voso pequech@s e que mellor CA un dos vosos debuxos, onde a retratada foi nin máis nin menos ca min mesma. Porque sodes uns verdadeir@s artistas, non deixedes nunca de intentalo. GRACIAS a tod@s!!


E gracias familias polo voso apoio, colaboración e comprensión. Xuntos educamos á sociedad de mañá, unha tarefa complexa pero moi reconfortante e satisfactoria á vez. Foron 3 cursos cheos de risas, enfados, incerteza... Pero sobre todo moito moito AMOR!! Ata sempre!!!



martes, 21 de junio de 2022

AO RICO PEIXE

 Todo comezou Co obradoiro "TI sí que es un bo peixe" facéndoo coincidir coa celebración do día dos océanos o que nos motivou a debuxar o noso propio peixe... E despois veu a cara B das nosas bolsas. Que vós parecen?



UNHA ESCOLA MÁXICA

 Hoxe, a pesar da previsión meteorolóxica, puidemos desfrutar da sesión de magos e baile no parque da Misericordia. Foi unha cornada estupenda a pesar de que nos mollamos un pouquiño.



lunes, 20 de junio de 2022

POÑENDO UN POUCO DE COR AO MAL TEMPO

 Estamos a decorar as nosas bolsas para os traballos e....por que non un pouquiño de cor para alegrarnos un pouco?



sábado, 18 de junio de 2022

SAÍDAS 2

 E o xoves, aproveitando o Bo tempo, fomos ata a Praia de Covas.



SAÍDAS

 A semana pasada fixemos as 2 derradeira saídas do curso. O mércores, en compaña do pelegrín Lucas e da pelegrín Noela coñecimos a parte do Camiño do Mar que pasa por Viveiro.




martes, 14 de junio de 2022

lunes, 13 de junio de 2022

OBRADOIRO LUPO

 O pasado venres o alumnado de 6° de infantil tivemos a sorte de que viñeran ao centro facer un obradoiro, Co sistema Lupo, onde o traballo en equipo e a capacidade organizativa son os pilares básicos deste sistema, sempre, sempre a través do xogo.

A experiencia foi máis que gratificante.



viernes, 10 de junio de 2022

O CAMIÑO DO MAR

 De cara a afondar máis sobre o Camiño do Mar, variante do Camiño do Norte, unha das posibles rutas a seguir para realizar o Camiño de Santiago, que temos a sorte de que pasa pola nosa vila, deixamos a seguinte información que podedes ver en familia:

O CAMIÑO DO MAR

E tamén o enlace á canción de Iván Vale, que lles encantou:

O CAMIÑO DAS ESTRELAS

jueves, 9 de junio de 2022

VERMES, MIÑOCAS E OUTROS GUSANOS...

 


Hoxe na aula puidemos ver como son os ovos dos gusanos de seda e o seu casulo. Desta volta non eclosionaron, unha mágoa, pero para que poidades ver o proceso deixamos o seguinte vídeo.



viernes, 3 de junio de 2022

OBRADOIRO "QUERO SER INSPECTOR URBANÍSTICO"

 Hoxe tivemos un obradoiro máis que interesante onde a ratiña  e a inspectora urbanística Anxos, nos falaron da importancia de pedir permisos para construir e facer obras na nosa vila, xa que preservar os entornos naturáis e paisaxísticos son unha das riquezas coas que contamos.






miércoles, 1 de junio de 2022