martes, 8 de septiembre de 2026

BENVIDA AO CURSO DE 6º DE E.I.

 Queridas familias:

Quero agradecerlles a súa asistencia e participación na reunión de inicio de curso celebrada onte. Comezar este último ano da Educación Infantil sentindo o voso apoio e proximidade é o mellor punto de partida para garantir o benestar dos vosOS fillos e fillas.

Como comentamos, este curso é un ano precioso, cheo de retos, descubrimentos e maduración. É o peche dunha etapa máis vivencial e a ponte cara a Educación Primaria. O noso obxectivo común non debe ser acelerar os tempos nin meterlles presión, senón axudalos a medrar con seguridade, felicidade e autonomía.

Para que poidamos traballar en equipo desde o primeiro día, lémbrolles de xeito moi breve tres alicerces clave para o día a día:

  • Autonomía: Axudémoslles en casa a facerse responsables das súas cousas (abrigos, mochilas, calzado). Deixemos que o intenten sós; facer as cousas por eles hoxe e restarlles seguridade para o mañá.

  • Puntualidade: A xornada comeza na asemblea, un momento fundamental de linguaxe, rutinas e cohesión do grupo. A puntualidade axúdalles a entrar tranquilos e situados na aula-

  • Lectura sen présas: como se describe no díptico que entreguei onte. Esquecín comentar que este curso, no programa de lectura e familias, tentaremos abordar a temática do ensino da lectoescritura dende o seno familiar, xa que é unha temática que cremos que en xeral vos xera incertidumbre e presión.

Comentarvos tamén que este curso escolar a escola vai participar nun programa de movilidade de profesorado Erasmus +, que non soen concedelo en escolas infantís e estamos moi contentas xa que nos permitirá viaxar a centros educativos doutros paises de europa para observar a sua metodoloxía de traballo, recursos, etc, co único afán de mellorar na nosa práctica educativa.

Estou á vosa total disposición para acompañar aos vosos pequenos nesta viaxe tan especial. Grazas de novo por formar parte deste equipo:

Uxía Quintela Díaz

Titora de 6º de Infantil


domingo, 21 de junio de 2026

BO VERÁN FAMILIAS

 Quero despedirme de todos bos e darvos a grazas por este curso, por prestarvos sempre a colaborar, por ser comprensivos, por traballar man a man buscando sempre o benestar dos vosos pequeniños e pequeniñas. Agora e tempo de descanso e disfrute para regresar en setembro con enerxías renovadas. Quería ter preparada unha actuación para final de curso para darlle o broche final os proxecros desenvolvidos este curso pero por dicersas circunstancias non nos deu a vida así que non descartamos preparalo para finais de setembro. Aí o deixo!! Pois iso, que pasedes un feliz verán!!

XOGOS DA MISERICORDIA

 O último día de clase cada neno/a debuxou o seu xogo favorito do día anterior: a corda,.os rabos, o paracaídas e a carreira de sacos. Depois, cada un foi colocando o seu debuxo debaixo do grafema correspondente o primeiro son da palabra e finalmente fixemos a predición de cal fora o favorito da aula e o seu posterior conteo para comprobalo.






lunes, 15 de junio de 2026

ESCOITO COMO LES

 A semana pasada contamos con Iria, a nai de Carmen que nos veu contar 2 contos chulisisimos, dos que agochan aprendizaxes moi importantes. Moitas grazas!!



jueves, 11 de junio de 2026

OLA!!!SON UN BICHO BÓLA!!

 Último bechiño da horta!! 


Coñecemos máis sobre os bichos bola:


Canción bicho bola:



E aquí deixamos uns xogos sobre os contos. Agardo que vos gusten!!!



jueves, 4 de junio de 2026

BENVIDOS AO MUNDO MÁXICO DA LECRURA

 Onte, a primeira hora da mañá pasou o seguinte...


...e pareceume un momento tan especial de tempo compartido c@s compañeir@s ao redor do mundo máxico dos contos que tiven que fotografalo!!