miércoles, 21 de diciembre de 2022

VISITOuNOS O APALPADOR

 Hoxe tamén veu á escola o Apalpador co seus recolledores de castañas da residencia DomusVi. Encantounos o conto e a vosa compaña!!





ACTUACIÓN DO CORO DO LOIS TOBÍO

 Hoxe tivemos o pracer de que nos visitará o alumnado do Lois Tobío co seu coro, dirigido polo nestre e músico Iván Vale. Moitas gracias!!! Deixáchedesnos coa boca aberta. A ver si para o vindeiro curso algún de nós se anima a participar...




martes, 20 de diciembre de 2022

Apalpador, oh, oh, oh, oh

 Xa temos preparada a nosa carta para o Apalpador. Neste caso fixemos unha carta con unta cunha petición dun xoguete de Madeira para a aula...




VISITA Á OFICINA DE CORREOS E Á OFICINA DE TURISMO

 Coas nosas cartas preparadas...

Puxémonos en camiño cara a oficina de correos!

 DESPOIS vimos un pouquiño o seu funcionamento... 





E finalmente, xa de regreso á escola paramos na oficina de turismo e collemos todo o necesario para comezar o novo proxecto do vindeiro trimestre "Viveiro". 



Por últimos marcamos o percorrido feito nun plano. Non se nos deu nada mal!! 



lunes, 19 de diciembre de 2022

PUNTO FINAL AOS BECHIÑOS DA HORTA: MIÑOCAS VS TOUPAS


QUE TEÑEN EN COMÚN AS TOUPAS E AS MIÑOCAS??EN QUE SE DIFERENCIAN??

MIRADE OS SEGUINTES VÍDEOS PARA AVERIGUALO


 




miércoles, 14 de diciembre de 2022

MOSQUITOS

 




Na barra lateral atoparedes o conto de "Mosquito" que limos na clase e tamén un xogo interactivo sobre el.





miércoles, 30 de noviembre de 2022

martes, 29 de noviembre de 2022

CANTOS TIPOS DE ESCARAVELLOS HAI??

A semana pasada ademáis de estar ás Voltas cos experimentos científicos aproveitamos para poñelo en uso e fixemos uns ESCARAVELLOS ben fermoso.


Misturamos tintes alimentarios para facer as nosas propias Cores. 


Pintamos a Metade do escaravello e traballamos a simetría. 


Tratamos de averiguar cal é o escaravello que nos tocou. 



E este foi o resultado. 




lunes, 28 de noviembre de 2022

AVOAS

 Non Hai amor máis incondicional que o dunha avoa. O pasado venres compartimos unha xornada de protesta e de loita polos dereitos das mulleres, onde elas son o noso referente para seguir loita do.





lunes, 21 de noviembre de 2022

O MÉTODO CIENTÍFICO

 Novembro é o mes da Ciencia nas bibliotecas escolares así que máis qué nunca traballamos para espertar a curiosidade nas crianzas, que se fagan preguntas, xeren hipótesis e que as confirmen ou refuten facendo experimentos varios. Aí vai unha mostra.



lunes, 14 de noviembre de 2022

miércoles, 9 de noviembre de 2022

APELIDOS E FAMILIAS

 Por fin rematamos o traballo sobre as familias e os nosos apellidos. Quedáronnos unhas casiña ben chulas!



martes, 8 de noviembre de 2022

SOMOS BOLBORETAS

Aproveitando o sol sacamos as nosas ás de bolboreta a bailar e iste foi o resultado.





lunes, 7 de noviembre de 2022

XORNADA DE IOGA

 Hoxe, ademáis de  Natalia Cora puidemos contar con Hugo que nos ensino a modular a voz e a relaxarnos co Shruti Box. Unha pasada!!




jueves, 27 de octubre de 2022

ESTE SAMAÍN A COUSA VAI DE MONSTRUOS

  







Alucinantes os monstruos que fixéchedes en familia!!!

Unha vez máis gracias pola vosa colaboración e implicación!!!

FAMILIAS SODES XENIÁIS!! 

MONSTRUOS

 Cun pouco de Imaxinación e moitas ganas de dar medo elaboramos uns monstruos ben chulos:

Primeiro con pintura moi diluida e contagotas botamos na cartulina a cantidade necesaria.


DESPOIS sopranos cunha palliña e deixamos secar. 



Recortamos polo borde segundo a forma acadada. 


E finalmente decoramos con ollos e Bocas monstruosas... E este foi o resultado. 







miércoles, 26 de octubre de 2022

BOLSAS MONSTRUOSAS POLO SAMAÍN

 Sempre pensando en Reutilizar e en xerar o mínimo lixo posible fixemos no recanto da plástica estes monstruos tan terroríficos e orixináis!!



CONTACONTOS: Leopoldo, o pequeno monstruo

 Hoxe para conmemorar as festividades desta semsna: día das bibliotecas e Samaín, contamos coa escritora e contacontos Estefanía Padullés co seu conto "Leopoldo, o pequeno monstruo".