martes, 29 de abril de 2025

ESCOITAMOS COMO LES

 Onte acompañounos Javier, o pai de Paula, co que disfrutamos a tope con 2 contos estupendos: "Os esqueletos divertidos" e " Què le pasa a Blasa".



sábado, 26 de abril de 2025

COAS MIÑAS MANS

 "Coas miñas mans eu podo tocar, escribir, falar, cociñar..." Fantásticas as galletas que fixeron onte estes pequechos/as.



jueves, 24 de abril de 2025

PROXECTO ETWINNING: JOURNEY FROM BOOK TO US

 Primeiro tema: autoconfianza

Libro: "El punto"


Retomamos este conto xa traballado na aula e que voltamos ler hoxe para reforzar a autoconfianza nas nosas crianzas. Pedimos que nas vosas casas, libremente, elaboredes con eles/as unha obra artística onde os puntos e os círculos sexan o foco de atención. O adulto serà o motivador e o que aporte suxerencias pero serà o neno ou a nena que a desenvolva, deixando que desarrollen a sua creatividade. Compartide fotos sen caras polo móbil do cole ou a travès do meu enderezo coorporativo. Moitas grazas



MÚSICA POLO DÍA DO LIBRO

 

Onte, polo día do libro, tivenos a sorte de contar con Marta Lage, a avoa dunha das nosas nenas que foi mestra de música así como membro de grupos musicàis. Con ela puidemos aprender moito màis sobre is instrumentos e a sua clasificación e disfrutar da sua increíble voz. Todo un pracer.



RECURSOS DE APRENDIZAXE

Non precisamos de xoguetes mercados para nos divertir senón que elaboramos con elementos do medio natural os nosos propios recursos materiàis de aprendizaxe.



TRABALLANDO O NOME

 Nos recantos estamos a traballar o nome propio, a lectura global do mesmo así como das letras que o conforman.



XOGANDO COS MINIMUNDO

 Con diversos materiáis creamos un minimundo do ocèano para o proxecto Etwinning e despois disfrutamos xogando con el.



miércoles, 23 de abril de 2025

APRENDEMDO A EXERCER O VOTO DEMOCRÁTICO

 Onte xurdiu a posibilidade de elexir entre duas opcións pero como non había unanimidade decidimos sometelo a voto e traballamos así a grafía do 1 e o 2 e o conteo. 



O NOSO PARTICULAR XARDÍN DE FLORES

 Encàntanos moldear con plastelina e non hai nada mellor para fortalecer os nosos dedos e traballar a motricidade e a imaxinación. Flores brancas, lilas, vermellas, con moitos pétalos sin ekes,caltas, baixas...



miércoles, 16 de abril de 2025

VOTA O TEU LOGO FAVORITO

 No seguinte enlace podedes escoller o voso logo favorito para o último proxecto Etwinning.

LOGO

sábado, 12 de abril de 2025

O TRIÀNGULO

 Seguimos a traballar as formas xeométricas a través do arte, neste caso creando o noso propio cadro:



viernes, 11 de abril de 2025

PROXECTO ETWINNING: JOURNEY FROM BOOK TO US

 Neste proxecto, onde participamos paises como Portugal, España e Turquía o obxectivo principal e traballar dende a lectura desenvolvendo nos nenos e nenas aspectos como:

  • Autoconfianza
  • Amor incondicional
  • Descubrimento da valentía
  • Recoñecemento das emocións positivas e compartir a felicidade.
  • Admitir os erros e aprender deles
  • Fomento da curiosidade por explorar

Levades na mochila o nome de usuario e contrasinal para acceder a dito proxecto e iremos plantexando actividades semanalmente no que precisaremos a vosa colaboración. Moitas grazas de anteman.

Deixo a continuación o enlace para que os pais cubrades a enquisa inicial!!

ENQUISA

jueves, 10 de abril de 2025

DESENVOLVIMENTO ARTÍSTICO

 Calqueira lugar é bo para desenvolver a nosa creatividade e onde hai cemento, por que non decoralo??





APRENDEMOS SOBRE AS ABELLAS

 Onte desfrutamos dun obradoiro moi entretido onde ademàis de coñecer en profundidade ás abellas fixemos unha vela coa sua cera!


O vindeiro curso retomaremos màis sobre este e outros importantes insectos.

martes, 8 de abril de 2025

CELEBRANDO O DÍA DA TORTILLA

 Xa levamos anos reproducindo esta tradición da vila e levàndoa à escola, ou mellor dito, fóra dela, porque diso se trata, de disfrutar en compañía dos nosos amigos e amigas do medio narural que nos rodea.




lunes, 7 de abril de 2025

OBRADOIRO DE INSTRUMENTOS MUSICÀIS

 Da man de Manu, aprendemos a elaborar instrumentos musicàis con materiàis da natureza e de refugallo, dun maneira sinxela e divertida. 



viernes, 4 de abril de 2025

COMENZANDO NOVO PROXECTO ETWINNING

 Desta volta co nome " Journey from book to us". Polo de agora creamos o noso recunchilo de lectura na clase:



Na casa tedes algún lugar especial onde fomentedes a lectura, compartades lecturas en familia ou simplemente onde podan manipular os contos e entendemos mirando os seus debuxos?? Si è así enviádeme, ben ao móbil, ben ao meu enderezo electrónico,unha foto dese sitio especial, xa sabedes, sin caras. Moitas gracias!!

miércoles, 2 de abril de 2025

DÍA DO LIBRO INFANTIL

 Hoxe , 2 de abril, día do libro infantil, celebràmolo por todo o alto con Vero Rilo e as suas "Cacho animaladas". Pasàmolo pipa!