Etiquetas
- ACOLLIDA
- ALIMÉNTATE BEN
- ART-LAB
- ARTE
- ATENCIÓN
- AVALIACIÓN
- BECHIÑOS DA HORTA
- BIBLIOTECA
- BIBLIOTECA CREATIVA
- CARACOL POL
- CIENCIA
- COMO SAN
- CONMEMORACIÓNS
- CÓNTAME UN CONTO
- COVID-19
- CREZCO SAN
- DONAS DE SÍ
- EDUCACIÓN MUSICAL
- EDUEMOCIONA
- EDUSAÚDE
- EDUSOSTIBLE
- EMOCIONA-T
- ESQUEMA CORPORAL
- ESTIMULACIÓN SENSORIAL
- Etwinning
- FAMILIA
- HORTA
- IGUÁLA-T
- INCLÚE-T
- LECTOESCRITURA
- LINGUAXE
- LÓXICA-MATEMÁTICA
- MASCOTAS
- MINIMUNDOS
- MOTRICIDADE FINA
- NADAL
- NORMALIZACIÓN
- ORIENTACIÓN ESPACIAL
- PATAS PELUDAS
- PATIOS DINÁMICOS
- PLAN PROXECTA
- PLANEA
- POESÍA
- POLOS CREATIVOS
- PROXECTO TERRA
- PROXECTOS
- PSICOMOTRICIDADE
- RECUNCHOS
- RELAXACIÓN
- SAMAÍN
- SENTIDOS
- STEAM
- TICS
- VIVEIRO
- VOZ NATURA
- XERMOLIÑO
- XOGO
- XOGO SIMBÓLICO
martes, 29 de septiembre de 2026
MONUMENTOS
VISITAMOS A OFICINA DE TURISMO
Seguindo a ruta marcada no noso rueiro chegamos sen problema á oficina de turismo da vila, xa que ese era o lugar que nos indicou a pirata Paca, coa sua última pista. Alí fomos recibidos por María e Mariña que nos falaron do se se fai alí así como das cousas tan bonitas que podemos ver e vivir en Viveiro. Ademáis nos fixeron entrega dun mapas cos cales imos poder seguir investigando neste proyecto que estamos iniciando: Vivarium, a historia da nosa Vila.
domingo, 20 de septiembre de 2026
Proxecto Terra
Despois de adiviñar de onde é o mapa o seguinte reto de Paca é buscar en que lugar de Viveiro podemos atopar esta imaxen.
miércoles, 16 de septiembre de 2026
UNHA CAIXA CHEA DE...
E hoxe ,cando chegamos á aula tiñamos esta caixa agardando por nós...nela estaban agochados Paca,a Pirata, en compaña de Calisto, o burro, que nos traía un agasallo moi especial, un mapa!! Agora, a nosa misión consiste en averiguar a que lugar pertence ese mapa. Aínda que xa tivemos unha hipótese acertada, toca momento de contrastar...
UNHA CAIXA CHEA DE...
Comezamos o PDC de centro presentando unha caixa...
Pero desta volta a caixa viña baleira así que ideamos un xogo para buscarlle utilidade
Cos ollos tapados e desprazándose lentamente pola aula un dos nenos/as quedou oculto pola caixa e o resto ao despatar os ollos tiveron que adiciñar de quen se trataba, parece unha tarefa fácil pero crédeme cando vos digo que non o foi...
martes, 8 de septiembre de 2026
BENVIDA AO CURSO DE 6º DE E.I.
Queridas familias:
Quero agradecerlles a súa asistencia e participación na reunión de inicio de curso celebrada onte. Comezar este último ano da Educación Infantil sentindo o voso apoio e proximidade é o mellor punto de partida para garantir o benestar dos vosOS fillos e fillas.
Como comentamos, este curso é un ano precioso, cheo de retos, descubrimentos e maduración. É o peche dunha etapa máis vivencial e a ponte cara a Educación Primaria. O noso obxectivo común non debe ser acelerar os tempos nin meterlles presión, senón axudalos a medrar con seguridade, felicidade e autonomía.
Para que poidamos traballar en equipo desde o primeiro día, lémbrolles de xeito moi breve tres alicerces clave para o día a día:
Autonomía: Axudémoslles en casa a facerse responsables das súas cousas (abrigos, mochilas, calzado). Deixemos que o intenten sós; facer as cousas por eles hoxe e restarlles seguridade para o mañá.
Puntualidade: A xornada comeza na asemblea, un momento fundamental de linguaxe, rutinas e cohesión do grupo. A puntualidade axúdalles a entrar tranquilos e situados na aula-
Lectura sen présas: como se describe no díptico que entreguei onte. Esquecín comentar que este curso, no programa de lectura e familias, tentaremos abordar a temática do ensino da lectoescritura dende o seno familiar, xa que é unha temática que cremos que en xeral vos xera incertidumbre e presión.
Estou á vosa total disposición para acompañar aos vosos pequenos nesta viaxe tan especial. Grazas de novo por formar parte deste equipo:
Uxía Quintela Díaz
Titora de 6º de Infantil








