lunes, 29 de septiembre de 2025

XOGO SIMBÓLICO

 Como punto de partida do proxecto "Como san,crezco san" estamos a repasar conceptos corporáis con contos, cancións, vídeos, xogos e como non podía ser menos, nos recantos de xogo.

XOGO SIMBÓLICO: O CENTRO DE SAÚDE




🆘 Precisamos si tedes por casa que traiades algunha radiografía, ou como lles dixen a eles/as, unha foto dos ósos 🩻.



TRATÁMONOS BEN

 Hoxe, despois de ler o conto que compartiu unha nena, "Nos tratamos bien", fixemos exactamente iso, por parellas, tratámonos de marabillas dándonos unha masaxe relaxante.





viernes, 26 de septiembre de 2025

SUEIRA

 

Si a recoñecedes pedídema.

TRABALLO EN EQUIPO

 Cando as cousas se fan entre todes e as tarefas están repartidas o resultados sempre è mellor!



PINTANDO A NOSA PARTICULAR ÁRBORE DE MORA

 



Observamos as árbores, tocamos a  sua cortiza, xogamos a ser e movermos como as árbores...e así os plasmaron, unha marabillas para os ollos!!

martes, 23 de septiembre de 2025

A RECEITA QUE MELLOR SABE

 Cales son os ingredientes da felicidade?? Cada persoa ten os seus pero de seguro que moitos se parecen. Este conto deunos ideas de cales poden ser...



ATOPAMOS A PARELLA

 Unha actividade para centrar a atención, buscamos as parellas das nosas zapatillas!



Despois usamos os camiños feitos como estradas para os nosos coches no recanto das construccións.