domingo, 18 de octubre de 2020

FELIP@ VEUNOS VISITAR

 Despois de estar toda a semana indagando a quen podía pertencer o óso, o pasado venres tivemos unha visita moi especial á par que escalofriante. Felip@, un esquelete moi especial veu buscar o seu óso perdido e a inagurar estas semanas terrorificas de Samaín que están por vir e que tanto nos gustan. Ademáis aproveitamos a ocasión para investigar sobre o noso corpo, vimos radiografías na PDI e aprendimos onde hai ósos e onde non no noso corpo. Felip@ quedará uns días con nós para axudarnos a dar resposta ás dúbidas que están a xurdir.



No hay comentarios:

Publicar un comentario