Boas familias!!!
Lanzamos unha nova proposta a levar a cabo no noso proxecto de Voz natura e Edu-sostible para a que precisamos da vosa colaboración. O obxectivo e concienciar da importacia da reducción do uso de plástico polo contaminantes que son e polo tempo que tardan en degradarse e que hai máis significativo que eliminar as bolsas de plástico e cambialas por bolsas de tea que se poidan fabricar na casa con camisetas vellas.
Así pois, o que vos pedimos é que na casa, coa vosa axuda, os nenos e nenas elaborarán unha bolsa cunha camiseta vella. Deixámosvos un vídeo explicativo de como facelo. Deberán de traer a bolsa feita como moi tarde o vindeiro venres 21 de xaneiro para que poidamos continuar coa actividade na aula a seguinte semana e conmemorar así o día mundial da educación ambiental que se conmemora o 26 de xaneiro. Moitas gracias de antemán pola vosa colaboración.
No hay comentarios:
Publicar un comentario